Saltar ao contido

Martiño (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño, ó pé dun cruceiro moderno en Ourense.

Martiño[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Martinus, derivado de Mars, Martis, de Marte, o deus da guerra da mitoloxía romana. Por vir deste deus significa 'home marcial, belicoso, guerreiro'. En galego tamén ten os hipocorísticos Tiñolo e Martiñoco.[2] Este nome deu lugar aos apelidos galego Martínez, Martíns, Martís e Martín.

En xaneiro de 2023 existían 597 varóns en Galicia co nome Martiño, cunha media de idade de 10,3 anos.[3]

Celebra a festa o 11 de novembro, por San Martiño de Tours, pero tamén pode facelo o 20 de marzo (San Martiño Dumiense), o 13 de abril (San Martiño I papa) ou o 3 de novembro (San Martiño de Porres).

San Martiño de Tours

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Martiño de Tours.

San Martiño de Tours (316-397) foi un soldado romano, natural da actual Hungría, que, segundo a lenda, rachou a súa capa en dúas para darlle a metade a un pobre morto de frío [4]. Logo deixou o exército, bautizouse e pasou ó servizo de santo Hilario, en Poitiers, onde o nomearon bispo no 370.

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Alemán: Martin
  • Asturiano: Martine
  • Castelán: Martín
  • Catalán: Martí
  • Francés: Martin
  • Inglés: Martin
  • Italiano: Martino
  • Vasco: Martiñ ou Matin

Martiños famosos

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Martiño na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Deulle só media capa porque, daquela, a metade de tódalas súas pertenzas correspondíalle ó César.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]