Ataúlfo (nome)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ataúlfo.
Ataúlfo[1] é un nome propio masculino galego. Deriva do xermánico Athawulf composto de atha (nobre) e wulf (lobo). En galego tamén ten a variante Adolfo, da cal é o seu cultismo.[1]
En xaneiro de 2023 existían 6 varóns en Galicia co nome Ataúlfo, cunha media de idade de 66,5 anos.[2]
Personalidades
[editar | editar a fonte]- Ataúlfo, rei dos visigodos entre os anos 410 e 415;
- Ataúlfo I, bispo da diocese de Iria Flavia entre os anos 845 e 855;
- Ataúlfo II, bispo da diocese de Iria Flavia entre os anos 855 e 877.