Agostiño (nome)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Agostiño.
Agostiño[1] é un nome propio galego de home, provén do nome latino Augustinus derivado de augustus (venerable). En galego tamén ten a variante Agostín e os hipocorísticos Agosto e Chiño.[1]
En xaneiro de 2023 existían 9 varóns en Galicia co nome Agostiño, cunha media de idade de 50,5 anos.[2]
Outras linguas
[editar | editar a fonte]- Agosti: éuscaro
- Agostino: italiano
- Agostinho: portugués
- Agostim: portugués
- Agustí: catalán
- Agustín: castelán
- Augustin: francés
- Augustine: inglés
- Austin: inglés
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Agostiño de Hipona, teólogo cristián (354 - 430);
- Agostiño de Canterbury, arcebispo cristián (f. 605);
- Agustín Jarabo Domínguez, futbolista galego (n. 1911);
- Agustín Magán, actor e director teatral galego (1918 - 1998);
- Agustín Sixto Seco, médico galego (1926 - 2004);
- Agustín Díaz Blanco, xornalista galego (1945 - 2008);
- Agustín Fernández Paz, escritor galego (n. 1947);
- Agustín Rodríguez Santiago, exfutbolista galego (n. 1959).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Agostiño". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
. - ↑ Nome Agostiño na Web do Instituto Galego de Estatística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agostiño ![]() |