Saltar ao contido

Xosé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé, fillo de Xacobe, obra de Peter von Cornelius.

Xosé[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebro yôsef (יוסף) «anada», do verbo lehosif (להוסיף) «engadir» «(Deus) engadirá» ("Deus dará").

En xaneiro de 2023 existían 455 varóns en Galicia co nome Xosé, cunha media de idade de 40,7 anos.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A explicación do significado deste nome que acha no Antigo Testamento, no libro da Xénese é a seguinte:

Logo lembrouse Deus de Raquel. Deus ouviuna e abriu o seu seo, e ela concibiu e deu a luz un fillo. E dixo: «Tirou Deus a miña afronta.» E chamouno Xosé, como dicindo: «Engádeme Xehová outro fillo.»"
Xénese 30,22-24.

Variantes do nome

[editar | editar a fonte]

En galego tamén ten os hipocorísticos Pepe, Pepiño, Piño, Pepín, Pepucho, Pucho, Pepaño, Xepe, Che, Cheíño, Chi, Chiño, Checé, Xexo, Xosín, Xosiño, Seso, Sesé, Se, Ieie ou Xe.[2]

11 parroquias teñen a San Xosé coma padrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xosé).

A festividade de San Xosé é o 19 de marzo e o 1º de maio, San Xosé Obreiro, Día do Traballador.

Personaxes célebres

[editar | editar a fonte]

Personaxes bíblicos

[editar | editar a fonte]
En hebraica, "Yosef" (יוסף). Detalle de mosaico-mural israelita simbólico da Tribo Israelita de Xosé, cuxo símbolo é o trigo.[4]

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Xosé". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>. 
  3. Nome Xosé na Web do Instituto Galego de Estatística
  4. Sinagoga de Givat Mordejai, Xerusalén.
  5. Nome moi estendido polo sur de Italia: segundo unha estimación realizada no ano 2000 no século XX en Italia atopouso como o primeiro nome máis común. Nomes masculinos en Italia no Século XX (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]