Breogán (nome)
Breogán[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é literaria, xa que aparece no Lebor Gabála Érenn ou Libro das invasións de Irlanda, onde Breogán é un heroe dos celtas galaicos. O nome popularizouse por aparecer tamén na letra do himno galego.
En xaneiro de 2023 existían 611 varóns en Galicia co nome Breogán, cunha media de idade de 14,9 anos.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo Isidoro Millán González-Pardo a orixe do termo está relacionada co celta "briga" (‘elevación, monte’), e con "Brigantium".[2]
Historia do seu uso
[editar | editar a fonte]A primeira persoa que se coñece que levou ese nome foi Breogán Díaz Rodríguez, nado en Belém do Pará en 1922, fillo dos emigrantes galegos Lisardo Díaz González e Rocío Rodríguez. Foi presidente e secretario do Centro Galego de Belém do Pará.[2] A segunda persoa foi Breogán Enrique Rodríguez Carretero, nado en Bos Aires en 1926.
É o nome propio de personalidades galegas como o escritor Breogán Riveiro, o xogador de fútbol Breogán Pereiro ou o político Breogán Riobóo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Breogán na Web do Intituto Galego de Estatística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Celtas |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ferreiro Fernández, Manuel (2007). De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-132-0. (primeira edición de 1996)