Saltar ao contido

Breogán Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBreogán Pereiro
Nome orixinal(gl) Breogán Pereiro Pérez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   CD Ourense
2009–2010   SD Ciudad de Santiago
2010–2011   Santa Comba FC
2011–2012   FC Saint Eloi Lupopo
2012–   Pontevedra CF

Breogán Pereiro Pérez, nado en Ourense o 16 de febreiro de 1988, é un futbolista e deseñador de moda galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán do tamén futbolista Moisés Pereiro, formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, Villarreal CF e Real Murcia, un accidente de tráfico obrigouno a regresar a súa cidade natal para recuperarse, onde comezou a xogar co Antela FC de Xinzo. En 2008 fichou polo CD Ourense co que disputou esa temporada. En 2009 fichou polo extinto Cidade de Santiago pero non rematou a tempada e deixou temporalmente o fútbol. Ao ano seguinte (2010) fichou polo Santa Comba FC, que tamén deixou para proseguir os seus estudos de moda en Turín. En 2011 foi fichado en Italia polo equipo congolés FC Saint Éloi Lupopo, de Lumbumbashi, que xoga na división de honra do seu país.

Como deseñador de moda formouse en Galicia e en Italia, e ata 2011 o seu éxito maior fora a participación nun desfile de importancia a nivel galego, o Felicidad Duce de Allariz.