Aturuxo (folclore)
Un aturuxo,[1] agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego.
Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Antigamente, dependendo dos lugares e momentos, podía empregarse tamén para dar avisos, facer chamadas, ou como provocación. Un exemplo deste último tipo existiu na Ribeira Sacra até comezos do século XX. Alí era habitual que durante a vendima os veciños das dúas beiras do Miño, papeiros (cristiáns) de Chantada e rabudos (xudeus) do Saviñao, se intercambiasen aturuxos de desafío.[2][3]
O aturuxo é común a outras culturas do norte peninsular como a asturiana, onde se denomina ixuxú, ou a vasca onde se coñece como irrintzi[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aturuxo.
- ↑ Pardo, Alfredo (2020-02-03). "Os aturuxos do Miño ribeirao". El Progreso de Lugo. Consultado o 2021-12-27.
- ↑ Televinte (2018). Buscan o recoñecemento do aturuxo ribeirao como patrimonio inmaterial da zona (Youtube).
- ↑ "Irrintzi, el grito ancestral vasco". Walk on the Basque Side (en castelán). 2020-04-11. Consultado o 2021-12-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "aturuxo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.