Esparabán
Aparencia
Esparabán | |
---|---|
![]() Agarrados galegos. Infografía | |
Orixe cultural | ![]() |
Zona de conservación | O Incio |
Derivado de | Pasodobre Muiñeira |
O esparabán, é un baile agarrado galego mestura da muiñeira co pasodobre.
Características
[editar | editar a fonte]O baile do esparabán documentouse na zona do Incio. É un baile en parellas dividido en dúas partes, unha primeira na que se baila un pasodobre, e unha segunda, a ritmo de muiñeira, na que as parellas se desprazan facendo un paso cabalgado. É moi similar á muiñeira corrida, diferenciándose desta só pola existencia dun desprazamento lateral nas partes da muiñeira.[1][2]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez Sanmartin (1998). p.130
- ↑ Portela Gómez-Macías, Ignacio (2018). "A nosa música: achegándonos á tradición". Eduga. Revista galega do ensino (76).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Portela Gómez-Macías, Ignacio (2018). "A nosa música: achegándonos á tradición". Eduga. Revista galega do ensino (76).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Esparabán do Incio e A Carballesa do Incio - Asociación Cultural Peleriños (2011) - Youtube.