Punto (baile galego)
Un punto, no baile tradicional galego, é cada unha das distintas figuras e movementos corporais que realizan os bailadores nunha das fases da muiñeira e na xota.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Nestes bailes, chamados soltos, as parellas bailan separadas en dúas fileiras enfrontadas que danzan en espello. Os bailes desenvólvense nunha estrutura de dúas fases, o punto e a volta, engadindo en ocasións un paseo ou descanso entre ambas.[2][3]
Na fase do punto, un dos bailadores, o guía, inicia unha serie de movementos con brazos e pernas cara a un dos lados. Estes movementos, o punto, son repetidos polo guía cara ao lado contrario, agora xa co acompañamento do resto dos bailadores. O punto coincide sempre coa copla, se o acompañamento musical inclúe voz, e coa melodía principal da música cando o baile ten acompañamento só instrumental.[4][5] Repítese até que se produce un cambio na melodía musical, momento no que os bailadores pasan á seguinte etapa do baile, a volta, e o paseo se corresponde, podendo reiniciar novamente a secuencia se a música continúa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Punto". Dicionario RAG. Consultado o 25/02/2021.
- ↑ Camafeita, Olga (2000). A música popular en Galicia (PDF).
Paseo
- ↑ Prego, Luis (2020). Paseos ou descansos. Youtube.
- ↑ Camafeita, Olga (2000). A música popular en Galicia (PDF).
Punto
- ↑ Abollado, Pichi (2020). O Baile en Cernadela. youtube (Asociación de Gaiteiros Galegos). p. 1m. 10s.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Camafeita Longa, Olga (2010). Dicionario Da Música Popular En Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657.