Saltar ao contido

Panxoliña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pintura onde se amosa a nenos cantando panxoliñas en Grecia (1872).

A panxoliña[1] é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal.

Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.

Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno Pange lingua gloriosi corporis mysterium escrito por Tomé de Aquino no século XIII.[2] A recuperación do termo tivo lugar en 1958 coa publicación do texto de Cipriano Torre Enciso.

Panxoliñas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para panxoliña. Consultado o 24-12-2017.
  2. Em galego (28 de novembro de 2018). "Em galego chamamos habitualmente PANJOLINHA às canções de Natal. Mas, sabedes qual é a origem?". Consultado o 30 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.