Saltar ao contido

Fiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Feliciano»)
San Fiz de Valois, cofundador dos trinitarios.
San Fiz de Xirona, na igrexa de San Fiz de Nigrán.

Fiz[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Felix que quere dicir «aquel que se considera feliz ou afortunado». En galego tamén ten a variante Fins.[2]

En xaneiro de 2023 existían 122 varóns en Galicia co nome Fiz, cunha media de idade de 13,1 anos,[3] e 8 co nome Fins, cunha media de idade de 14,2 anos.[4]

Fiz é o nome dun personaxe bíblico do Novo Testamento. Fiz foi un dos libertos do emperador Claudio, e por el designado para ser procurador de Xudea no 51. Cando Paulo foi enviado preso a Cesarea, mostrouse perante Fiz. (Feitos 23:24, 26; 24:3-27; 25:14).

O nome en Galicia

[editar | editar a fonte]

30 parroquias teñen San Fiz, ben Fiz de Xirona, ben Fiz de Nola, coma patrón, e outras 10 coa variante do nome San Fins.

Equivalencias noutras lingua

[editar | editar a fonte]
Variantes noutras linguas
Alemán Felix
Castelán Félix
Catalán Fèlix, Feliu
Checo Felix
Esperanto Felikso
Éuscaro Peli
Francés Félix
Galego Fiz ou Fins
Grego Φήλιξ (Félix)
Hebraico פליקס
Holandés Felix
Inglés Felix
Italiano Felice
Letón Fēlikss
Lituano Feliksas
Latín Felix
Polaco Feliks
Portugués Félix
Ruso Феликс (Feliks)
Xeorxiano ფელიქს (Pheliks)

A celebración do santo de Fiz corresponde a diferentes datas para a celebración da súa onomástica, porén as máis tradicionais son: o 14 de xaneiro (S. Fiz de Nola); o 18 de maio (S. Fiz de Cantalicio); o 29 de maio (S. Fiz ermitán español do século VIII nado en Zaragoza); o 30 de maio (S. Fiz I papa); o 5 de xuño (S. Fiz de Frizlar, monxe alemán); o 29 de xullo (S. Fiz II papa e mártir); o 1º de agosto (S. Fiz de Lión); o 22 de setembro (S. Fiz IV papa); o 6 de novembro (S. Fiz mártir africano e S. Fiz freire italiano do século VI); o 20 de novembro (S. Fiz de Valois); o 26 de novembro (S. Fiz de Ravena, bispo).

Personaxes célebres

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Fiz na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Nome Fins na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]