Fiz Vergara Vilariño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1953 Santalla, España |
Morte | 18 de xullo de 1997 (44 anos) Santalla, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Obra | |
Obras destacables
| |
Félix Vergara Vilariño, coñecido como Fiz Vergara Vilariño, nado en Santalla (Samos) o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997, foi un poeta galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai nacera en Cuba, e a súa nai en Gamiz[2]. Dende rapaz sufriu distonía muscular provocada por unha caída na casa. Estudou o bacharelato en Madrid, Sarria e Lugo, cidade esta onde se relacionou literariamente con Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel e Claudio Rodríguez Fer, para deseguida volver á súa aldea natal, onde residiu na casa paterna, adicado unicamente á literatura.[3]
Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde Orfo de ti en terra adentro (1976).[4]
Estudosos da súa obra son Iago Rodríguez Yáñez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xesús Alonso Montero, Paco Martín, Antón Tovar, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel María, Carlos Casares ou Lois Celeiro.[5]
En marzo de 2024 déuselle o seu nome a unha praza en Samos, a carón do mosteiro (Praza "Vergara Vilariño"), dedicada a el e á súa familia.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Pra vós (1971). Lugo: Celta. prologado por Xesús Alonso Montero.
- Encontro cos tiburós (1973). Monforte de Lemos: Xistral. 26 páxs. ISBN 8440058780.
- Orfo de ti en terra adentro (1976). Madrid: Akal. 48 páxs. ISBN 9788473392167.
- Poeta muiñeiro á deriva (1982). Vigo: Xerais. Con tapa e debuxos de Laxeiro.[7] 60 páxs. ISBN 9788475070513.
- Nos eidos da bremanza (1990). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-7154-726-2.
- Pastora de sorrisos (1993). Lugo: Sons Galiza. Con limiar de Xavier Rodríguez Barrio. ISBN 9788488007032.
- O mundo de Fiz: escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño (1995). Lugo: Citania. Por Xavier Rodríguez Barrio e Darío Xohán Cabana.
- Animal sen fel (1998). A Coruña: Espiral Maior. Con limiar de Xulio López Valcárcel. Póstuma.
- Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda. Antoloxía poética (2019). Vigo: Galaxia. Edición e estudo de Yago Rodríguez Yáñez. ISBN 978-84-9151-393-3.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Por que Deus faría a brétema? Narrativa reunida (2023). Vigo: Galaxia. 269 páxs. ISBN 9788411760331. Edición de Iago Rodríguez Yáñez.[8]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os novísimos da poesía galega (1973). Akal.
- Cravo fondo (1977). Follas Novas.
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
Premios
[editar | editar a fonte]- Meigas e Trasnos de Sarria, en 1972 e 1973.
- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1979, por Historia dunha castaña chamada Muxica.
- 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1981, por Unha gaivota en terra adentro.
- Premio da Crítica Galicia de creación literaria no 1991, por Nos eidos da bremanza.[9]
Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
[editar | editar a fonte]Na honra do poeta, o Concello de Sarria convoca dende o ano 2000 o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño para composicións inéditas escritas en lingua galega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vergara Vilariño, Fiz". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-12.
- ↑ Moreno, M. V., ed. (1973). Os novísimos da poesía galega. Akal. pp. 267–269.
- ↑ "Fiz Vergara Vilariño Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-07-12.
- ↑ Carrera; Uxía (2022-09-12). "25 anos sen Fiz Vergara: O poeta que escribiu o que a enfermidade non lle deixou expresar coa fala". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-07-12.
- ↑ Artigo "VERGARA VILARIÑO, Fiz" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2024-03-29). "Unha praza para o poeta de Lóuzara". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-03-29.
- ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 10 de maio de 2014.
- ↑ "¿Por que Deus faría a brétema?. Narrativa reunida". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-12.
- ↑ "Vergara Vilariño, Fiz". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-07-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Luís Celeiro (2003). Fiz Vergara Vilariño: poeta nos eidos da bremanza. Lugo: Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-67-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do autor na Editorial Galaxia Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine.