Bieito (nome)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/73/Fra_Angelico_031.jpg/300px-Fra_Angelico_031.jpg)
Bieito[1][2] (pronuncia: biˈejto̝),[3] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Benedictus (de bene dictus) que significa "ben dito, aquel do quen se fala ben". En galego tamén ten a variante Benedito.[2]
En xaneiro de 2023 existían 91 varóns en Galicia co nome Bieito, cunha media de idade de 24,2 anos,[4] e 8 co nome Benedito, cunha media de idade de 65,5 anos.[5]
Historia do nome
[editar | editar a fonte]Bieito foi un nome común en galego, sendo San Bieito padroeiro de multitude de parroquias galegas e aparecendo Bieito en multitude de topónimos e microtopónimos: Fonte do Bieito, Rego de San Bieito, O Corgo Bieito, O Bieito etc.[6] San Bieito é considerado un dos santos máis avogosos en Galiza, conta cunha romaría importante en Pontevedra en xullo: Romaría de San Benitiño de Lérez, que conta cunha sonada cantiga popular:
- Se vas ao San Benitiño
- non vaias ao de Paredes,
- que hai outro máis milaghreiro
- San Benitiño de Leres
Evolución do nome no galego
[editar | editar a fonte]Os primeiros documentos en galego antigo onde aparece o nome son do século XIII, o máis común era xa Bieito (grafado de diferentes xeitos). De aí até o século XV aparece comao: Beneyto (5 ocorrencias), Beneito (1), Beeyto (30), Beeito (9), Beheito (2), Beyto (17), Beito (3), Beytto (1), Byeito (3), Byeyto (5), Bieyto (64) ou Bieito (46) que nos deixan observar os pasos do latín ao galego coa perda da sonora –d–, a vocalización do primeiro elemento do grupo –kt–, a caída do –n– intervocálico e a asimilación ou disimilación das dúas vogais pretónicas. Encontramos tamén outras solucións evolutivas coma a reposición do –n– desaparecido nas formas Beynto (7).
As únicas dúas atestacións recollidas no Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) coas grafías Beento e Bento pertencen a documentación de Tui e son do século XV. Pero os datos levan a dubidar de que a actual forma estándar portuguesa fose nalgún momento un resultado galego. O que si temos na toponimia son derivados da forma común galega Bieito nos topónimos Bieite (>Benedicti), nome dunha parroquia e cinco localidades galegas e Os Bieites (do apelido derivado de Bieito) na Estrada e tamén da solución Beynto nos topónimos San Baínto no concello de Maside e Baínte (<Benedicti) en Vilamarín (Navaza Blanco / Palacio Sánchez 1999: 769). A correspondencia portuguesa é o topónimo Bente nome dunha freguesía de Vilanova de Famalicão. Ademais, no norte de Portugal Bieito (e Beito) foron formas coñecidas (e usadas) do nome latino até polo menos o século XVI como o testemuña o nome Bieito dun dos rústicos dunha das dúas églogas escritas en portugués por Francisco de Saa de Miranda (1481-1558).
Tamén na nosa documentación medieval encontramos aínda os cultismos Benedicto (5) e Benedito (6) e ademais Benito (4), que é a evolución patrimonial para o castelán polo menos desde o século XV, e que foi desprazando paseniñamente a nosa forma patrimonial.[7]
Santoral
[editar | editar a fonte]- 31 de xullo: San Bieito I, papa.
- 11 de xullo: San Bieito de Nursia, abade.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Variantes noutras linguas | |
---|---|
Español | Benedicto, Benito |
Albanesa | Benedikti |
Alemán | Benedikt |
Aragonés | Benedet |
Asturiano | Benedictu |
Bosníaco | Benedikt |
Bretón | Benead |
Búlgaro | Бенедикт (Benedikt) |
Catalán | Benedicte, Benet |
Checo | Benedikt |
Corso | Benedettu |
Danés | Benedikt |
Eslovaco | Benedikt |
Esloveno | Benedikt |
Esperanto | Benedikto |
Éuscaro | Benedita, Beñat |
Finés | Benedictus |
Francés | Bénédict, Benoît |
Galés | Bened |
Galego | Bieito |
Grego | Βενέδικτος (Benédiktos) |
Neerlandés | Benedictus |
Húngaro | Benedek |
Inglés | Benedict |
Irlandés | Beinidict |
Islandés | Benedikt |
Italiano | Benedetto, Benito |
Latín | Benedictus |
Letón | Benedikts |
Lituano | Benediktas |
Maltés | Benedettu |
Noruegués | Benedikt |
Polonés | Benedykt |
Portugués | Benedito, Bento |
Romanés | Benedict |
Ruso | Бенедикт (Benedikt) |
Sardo | Benedettu |
Serbio | Бенедикт (Benedikt) |
Siciliano | Binidittu |
Sueco | Benedictus |
Ucraíno | Бенедикт (Benedikt) |
Xeorxiano | ბენედიქტე (Benedikhti) |
Personaxes célebres
[editar | editar a fonte]Santos
[editar | editar a fonte]- Bieito de Nursia, San Bieito de Nursia, celebrado o 11 de xullo.
- Benedito Abade, San Benedito Abade, festexado o 11 de xaneiro.
- Benedito Biscop, San Benedito Biscop, abade e confesor, conmemorado o 12 de xaneiro.
- Bieito de Aniane, San Bieito de Aniano, freire, festexado o 12 de febreiro.
- Bieito Crispo, San Bieito de Milán, festexado o 11 de marzo.
- Benedito Revelli, San Benedito Revelli, festexado o 12 de febreiro.
- Bieito de Palermo ou Bieito o Mouro, San Benedito, festexado o 4 de abril.
- Bieito Xosé Labre, San Benedito Xosé Labre, conmemorado o 16 de abril.
- Bieito II, San Benedito II, papa, festexado o 8 de maio.
- Bieito Menni, San Bieito Menni, festexado o 24 de abril.
- Bieito Mártir, San Bieito Mártir, festexado o 13 de outubro.
Papas / Reis
[editar | editar a fonte]Estados Pontificios | Bieito I, papa, (575- 579). Bieito II, papa, (684 – 685). Bieito III, papa, (855 – 858). Bieito IV, papa, (900 – 903). Bieito V, papa, (964). Bieito VI, papa, (973 – 974). Bieito VII, papa, (974 - 983). Bieito VIII, papa, (1012 - 1024). Bieito IX, papa, (1032-1044, 1045 e 1047-1048). Bieito XI, papa, (1303-1304). Bieito XII, papa, (1334-1342). Bieito XIII, (1724 - 1730). Bieito XIV, papa, (1740 - 1758). Bieito XIV Garnier, antipapa. Bieito XV, papa, (1914 - 1922). Bieito XVI, papa, (2005 - 2013) (Joseph Aloisius Ratzinger). |
Outras personalidades
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Retrato_p%C3%B3stumo_del_padre_Benito_Jer%C3%B3nimo_Feijoo_%28Mariano_Salvador_Maella%29.jpg/200px-Retrato_p%C3%B3stumo_del_padre_Benito_Jer%C3%B3nimo_Feijoo_%28Mariano_Salvador_Maella%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Benedetto_Marcello.png/200px-Benedetto_Marcello.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/EnsaioLuarNaLubre.jpg/200px-EnsaioLuarNaLubre.jpg)
Galegos
[editar | editar a fonte]- Bieito Cupeiro, Barallobre, Fene, 1914, foi un mestre e escritor nacionalista galego.
- Bieito Xerome Feijoo Montenegro (Padre Feijoo), ensaísta, sabio e polígrafo galego.
- Bieito Iglesias, Ourense, 1957 , escritor galego.
- Bieito Ledo, Padroso (Xunqueira de Ambía), 1944, escritor e editor galego.
- Bieito Lobeira, Seixo , Marín , 1968, político galego.
- Bieito Romero,A Coruña, 1964, gaiteiro galego, fundador do grupo Luar na Lubre.
- Bieito Rubido, Cedeira , 1958, xornalista galego.
- Benito Soto, A Moureira (Pontevedra), 1805, foi un pirata galego.
- Xaquín Bieito Marín Formoso, Ferrol, 1943, debuxante e ilustrador galego.
- José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito), Balmonte (Castro de Rei), 1867, foi un avogado e político galego.
- Benito Losada Astray, Santiago de Compostela, 1824, médico, militar e escritor galego.
- José Benito López Losada (Benito Losada), Lugo, 1946, foi un xestor cultural galego.
- Benito Rubiñán Soutullo, Redondela, 1949 , exfutbolista galego.
- Benito Malvárez, Muros, 1883, foi un xornalista galego.
- Benito Corbal, Bora, Mourente, cara mediados do século XIX, foi un empresario e político galego.
- Benito Blanco-Rajoy, A Coruña, 1891, foi un político galego.
- Benito Casasnovas, Ribadavia, 1886 , foi un político socialista galego.
- Benito Villamarín, Ourense, 1917, foi un industrial galego.
- Benito Montero, Cambados, 1944, fiscal galeguista na Audiencia de Pontevedra.
- Benito Varela Jácome, Soutolongo (Lalín), 1919, estudoso e crítico literario galego.
- Benito Fernández Alonso, Galez (Entrimo), 1848, foi un político e escritor galego.
- Benito Pereira, Lantemil (Entrimo), 1964, escritor en galego e castelán.
- Benito Pardo de Figueroa, Cambados, 1755, foi un militar galego.
- Benito de Soto Linares, Chantada, 1852, foi un banqueiro e político galego.
- Benito Guitián García, Monforte de Lemos , foi un avogado e político galego.
- Benito Díaz Pereira, A Coruña, 1887, foi un pintor e sindicalista galego.
- Benito María de Oca, A Estrada, século XIX, foi un político, promotor fiscal e xuíz de paz galego.
- Benito Cancela Rodríguez, A Lampaza (Barxa, Celanova), 1892 , foi un político galego.
Outras personalidades
[editar | editar a fonte]- Bentinho, Antônio Bento dos Santos, exfutbolista brasileiro.
- Benedek Elemér Vidos, romanista e hispanista húngaro.
- Benedetto Antelami, arquitecto e escultor italiano.
- Benedetto Bonfigli, pintor italiano.
- Benedetto Brin, enxeñeiro, militar e político italiano.
- Benedetto Croce, escritor, filósofo, historiador e político italiano.
- Benedetto da Maiano, arquitecto e escultor italiano.
- Benedetto da Rovezzano, arquitecto e escultor italiano.
- Benedetto Dei, poeta e historiador italiano.
- Benedetto Gennari o Vello, pintor italiano.
- Benedetto Marcello, compositor, escritor, avogado, maxistrado e mestre italiano.
- Benedetto Varchi, humanista, escritor e historiador italiano.
- Benedict Anderson, historiador inglés.
- Benedict Arnold, xeneral estadounidense.
- Benedict Balansa, botanista e explorador francés.
- Benedict Friedlaender, sexólogo alemán.
- Benedict Lust, médico estadounidense.
- Bénédict Morel, psiquiatra francés.
- Bénédict Pierre Georges Hochreutiner, botanista e taxónomo vexetal suízo.
- Benedict Roezl, explorador, xardineiro e botanista checo.
- Benedicto Chuaqui Ketlun, escritor e filántropo chileno.
- Benedicto Franco, militar mexicano.
- Benedicto Ovalle, compositor guatemalteco.
- Benedicto Pozuelos Gil, escritor guatemalteco.
- Benedictus Hubertus Danser, botanista e taxónomo neerlandés.
- Benedikt Gröndal, político islandés.
- Benedikt Taschen, editor alemán.
- Benet Julià i Julià, músico e compositor catalán.
- Benet Mercadé, pintor catalán.
- Benito Arias Montano, humanista, hebraísta, biólogo e escritor políglota español.
- Benito Floro, adestrador asturiano de fútbol.
- Benito Juárez, avogado e político mexicano.
- Benito Lertxundi, cantante vasco.
- Benito Martínez, militar arxentino.
- Benito Mussolini, ditador italiano.
- Benito Nardone, político e xornalista uruguaio.
- Benito Pérez Galdós, novelista, dramaturgo e cronista español.
- Benito Perojo, director, produtor e guionista de cinema español.
- Benito Pocino, actor español.
- Benito Quinquela Martín, pintor arxentino.
- Benito Sueyro, militar arxentino.
- Benito Villafañe, militar arxentino.
- Benito Zambrano, guionista e director de cinema español.
- Benoît Mandelbrot, matemático polonés.
- Benoît de Sainte-Maure, escritor francés.
- Bento Gonçalves, político portugués.
- Bento Gonçalves da Silva, militar e político brasileiro.
- Bento Gonçalves, líder da Guerra dos Farrapos
- Manuel Galrinho Bento, ex porteiro da Selecção Portuguesa de Futebol e do Benfica
- Bento Parente, Caminha, 1567, foi un explorador e militar portugués.
- Bieito de Espinoza, filósofo neerlandés.
- Bento de Moura Portugal, Moimenta da Serra, Gouveia, 1702, foi un físico portugué.
Ficción
[editar | editar a fonte]- Bieito Fendeferro (orixinalmente Benoît Brisefer), personaxe de banda deseñada creado en 1960 por Peyo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Dicionario de pronuncia da lingua galega - Bieito Consultado o 10 de outubro de 2024
- ↑ Nome Bieito na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Benedito na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Toponimia de Galicia- http://toponimia.xunta.es/gl/Buscador Arquivado 18 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Sobre onomástica, o nome do papa e o estándar galego, de Luz Méndez, Asociación Galega de Onomástica / Televisión de Galicia, 2011 -http://ilg.usc.es/elg/volume/3/peneira/Peneira_mendez_ELG03_2011.pdf
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de nomes masculinos en galego
- Lista de nomes masculinos galegos máis comúns
- Orde de San Bieito
- Romaría de San Benitiño de Lérez
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.
- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.