Saltar ao contido

Benito Varela Jácome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenito Varela Jácome
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1919 Editar o valor en Wikidata
Soutolongo, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 2010 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Formación profesionalFilosofía e Letras
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia da literatura e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, especialista en literatura, crítico literario, catedrático, estudoso da literatura Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoMaría Teresa Otero Sande Editar o valor en Wikidata
Premios

Galiciana: 59732 BNE: XX1064875 BUSC: varela-jacome-benito-1919-2010 Dialnet: 889713

Benito Varela Jácome, nado en Soutolongo (Lalín) o 6 de marzo de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 2010, foi un estudoso e crítico literario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo os estudos primarios e secundarios en Lalín. Aos 16 anos fixo unha viaxe a Arxentina, onde permaneceu un ano. Ao regreso intervén como soldado na batalla do Ebro. Cursou Filosofía e Letras, sección Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.

O seu primeiro traballo como docente foi no colexio Minerva de Santiago de Compostela (hoxe Manuel Peleteiro). A partir de 1960 foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas en varios institutos de bacharelato dentro e fóra de Galicia. En 1956 doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese titulada "Doña Emilia Pardo Bazán y las tendencias novelísticas de su tiempo". En 1977, obtén unha praza de profesor de literatura hispanoamericana na Universidade Complutense de Madrid. En 1980 trasládase á Universidade de Santiago de Compostela.

Dende finais da década de 1940 colaborou co Instituto Padre Sarmiento, dependente do CSIC.

Foi presidente de honra da Asociación Española de Estudios Literarios Hispanoamericanos dende a súa creación. O seu labor centrouse nos estudos sobre Literatura Hispanoamericana con traballos sobre Julio Cortázar, Huidobro, Buero Vallejo ou García Márquez. Pero tamén amosou gran dedicación á Literatura galega, con estudos sobre Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro. Engádense aos anteriores traballos sobre literatura castelá centrados na obra de autores como: Valera, Larra, Clarín, Pío Baroja, Galdós, Valle-Inclán, Espronceda etc.

Tamén contribuíu de forma importante en ramas como a crítica, a teoría literaria ou a didáctica con múltiples escritos.

  • Historia de la literatura gallega (1951). Porto Editores.
  • Singraduras da narrativa galega. De Castelao a Neira Vilas (1973). Colección Ronsel. Librigal.
  • Estructuras de la narrativa de Castelao (1973). A Coruña: Librigal.

Estudos sobre literatura hispanoamericana

[editar | editar a fonte]
  • El cuento hispanoamericano contemporáneo (1976).
  • La novela hispanoamericana del siglo XIX.
  • Estructuras novelísticas de Lezama Lima (1977)
  • Estructuras profundas en Pedro Páramo (1980)
  • Función de los modelos culturales en la novelística de Sábato (1983)
  • Tensiones españolas en la "Consagración de la primavera" (1986)

Didáctica, crítica e teoría literaria

[editar | editar a fonte]
  • Nuevas técnicas del análisis de textos (1981)
  • Análisis estructural de novela, poesía y teatro (1985)
  • Estructuras novelísticas del siglo XIX (1973), no que reflexiona sobre modelos europeos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Homenaje a Benito Varela Jácome. Santiago de Compostela: Universidade. 2001. ISBN 84-8121-898-7. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]