Ramón Varela Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1923 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de xuño de 2008 (85 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Premios | |
| |
Ramón Varela Núñez, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1923 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 2008, foi un médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en medicina e cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid, cunha tese sobre as alteracións producidas nos órganos dos animais de laboratorio sometidos a baixas temperaturas. Comezou a traballar como profesor axudante na Universidade de Santiago en 1947 ata que conseguiu praza de catedrático na Universidade de Sevilla (1963).
Dous anos máis tarde trasladouse de novo a Santiago xa como catedrático de histoloxía e anatomía patolóxica, onde ocupou diversos cargos administrativos tanto na facultade como no equipo reitoral da universidade, e onde foi decano de medicina entre 1970 e 1978. A súa liña principal de investigación foi a patoloxía tumoral.
Era membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, onde ocupaba a cadeira de anatomía patolóxica.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Medalla Castelao, 1996
- Fillo adoptivo de Pontevedra
- Premio de Investigación de Galicia en 1996.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 287.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 577. ISBN 84-8064-113-4.