Saltar ao contido

Augusto Assía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Felipe Fernández Armesto»)
Modelo:BiografíaAugusto Assía
Biografía
Nacemento1 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
A Mezquita, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 2002 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Mesía, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Victoria Fernández-España Editar o valor en Wikidata
FillosFelipe Fernández-Armesto, Juan Fernández-Armesto Fernández-España Editar o valor en Wikidata
IrmánsFermín Fernández Armesto
Antonina Fernández García Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1048471 BUSC: assia-augusto-1904-2002 Dialnet: 978809

Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita o 1 de maio de 1904 e finado en Xanceda (Mesía) o 2 de febreiro de 2002,[1] foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez. Estudou o bacharelato en Ourense e en 1924 ingresou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Nese mesmo ano viron a luz os seus primeiros artigos en El Pueblo Gallego, no que dirixiu a páxina universitaria deste xornal.

En 1927 abandonou a cidade compostelá, e marchou a París. No ano seguinte conseguiu unha bolsa de estudos na universidade de Berlín. Desde alí escribiu en diversos xornais españois, especialmente en La Vanguardia de Barcelona, utilizando desde entón a sinatura de Augusto Assía. Desde o mes de outubro de 1929 foi redactor fixo do citado diario catalán. En abril de 1933 foi expulsado de Alemaña polo Goberno nazi e La Vanguardia enviouno a Londres como correspondente.

En agosto de 1936 viaxou á España nacional, quedando adscrito á sección de Prensa do Goberno de Burgos. Estivo na fronte de Asturias e, máis tarde, foi redactor-xefe do diario ourensán Arco, así como xefe da sección de Internacional de La Voz de España.

En 1939 foi enviado de novo a Londres como correspondente, e alí pasou toda a Segunda guerra mundial, enviando unhas crónicas que se fixeron famosas, pois sempre confiou na derrota das potencias do Eixe. Tras a vitoria aliada na guerra, cubriu a información sobre os Xuízos de Núremberg.

En agosto de 1950 contraeu matrimonio coa periodista María Victoria Fernández-España, de quen tivo un fillo, Juan Fernández-Armesto Fernández-España, avogado e economista que foi o primeiro presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Ese mesmo ano trasladouse aos Estados Unidos de América, onde continuou como correspondente de La Vanguardia.

No ano 1964 comprou en Xanceda (Mesía) unha grande extensión de terreo, onde montou unha explotación agrícola-gandeira.

En xullo de 1967 asinou en La Voz de Galicia un artigo no que reclamaba a equiparación de dereitos para a lingua galega no seu país.[2]

"Non pode ser usado coma un ferro candente para marcar a servidume mentres que o outro -o castellano- coma unha plumaxe co que abonar falsas pretensións e superioridades [...] non só na igrexa, senón na Universidade, nos estratos e nas oficinas públicas o que non fai máis que vinte anos lle ocorría aos negros nos Estados Unidos, onde non se lles deixaba entrar máis que pola escaleira de servizo".

O ministro de Información y Turismo, Manuel Fraga impúxolle unha multa de 50.000 pesetas ao director do xornal, Francisco Pillado Rivadulla, pola publicación do citado artigo de Fernández Armesto.[Cómpre referencia]

En 1982, como columnista de La Voz de Galicia, acusou ao Bloque Nacional Popular Galego e mais ao Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas de colaboración con grupos terroristas, polo cal foi cursada unha demanda contra o xornalista por parte de ambas as dúas plataformas.[3]

En 1986 deixou de escribir en La Vanguardia, tras 58 anos.

Xelo, o salvaxe. Lar. 1926.

A súa primeira novela curta foi en galego e titulouse Xelo, o salvaxe (1926), que foi moi ben acollida pola crítica.[4]

"Fernández Armesto é un verdadeiro escritor galego"
Rafael Dieste

Pero a maioría das súas obras (recompilacións de artigos) escribiunas e publicounas en castelán, agás unha das últimas, que se publicou en tradución catalá. Entre elas destacan:

  • 1940. Los yanquis. Barcelona: Editorial Mateu.
  • 1943. Los ingleses en su isla. Barcelona: Ed. Mercedes.
  • 1944. Vidas inglesas. Barcelona: Ayma.[5]
  • 1946. Cuando yunque, yunque. Barcelona: Ed. Mercedes.
  • 1947. Cuando martillo, martillo, Barcelona: Ed. Mercedes
  • 1949. Mi vuelta al mundo. Barcelona: Editorial Mateu.
  • 1995. La traición como arte. Barcelona: Ediciones Destino.
  • 2002. Artículos. A Coruña: La Voz de Galicia. Biblioteca Gallega.
  • 2002. Salt a la foscor. Barcelona: A contra vent.[6] (en catalán).[7]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
CPI Augusto Assía na Mezquita.

Recibiu diversos premios e condecoracións de relevancia como:

  1. "Falece o xornalista e escritor galego Augusto Assía, aos 97 anos de idade" Arquivado 27/12/2013, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 2 de febreiro de 2002.
  2. A persecución do galego durante o franquismo, Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 7 de maio de 1998.
  3. "Querella del BNPG y de Comisiones Labregas contra Augusto Assía" El País, 31/1/1982 (en castelán).
  4. "Finou en Mesía Augusto Assía, un referente na figura do correspondente" en Culturagalega.org, 4/2/2002.
  5. Coas biografías de Winston Churchill, Jan Christian Smuts, Bernard Law Montgomery, David Lloyd George, Lord Woolton, Geroges Bernard Shaw, Herbert George Wells, Chesterton, Lord Louis Mounbatten, "Laurence de Arabia", Lord Baldwin, Sir Horace Avorry, James Ramsay Macdonald, Lord Wavell, Robert Anthony Eden, Sir Harold Alexander, Atlee, Morrison, Bevin, Lord Beaverbrook, e algunhas mais.
  6. Salt a la foscor en Amazon.
  7. Sobre esta recompilación, o editor di: "Compañeiro de Eugeni Xammar, Augusto Assía viviu en Berlín desde o ano 1927 até o 1933, até que foi expulsado. Cun xornalismo áxil e vibrante, escribiu as crónicas desde Berlín que lle publicaron en La Vanguardia con grande éxito. Traducidas por Enric Vila, co seu estilo arrebatado de costume, son un documento excepcional, nunha fermosa prosa, para entender como foi posíbel un fenómeno como o ascenso do nazismo ao poder".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]