Isabel Aguirre
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1937 (87 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | arquitecta, profesora universitaria, paisaxista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Isabel Aguirre de Úrcola, nada en Vilagarcía de Arousa o 9 de marzo de 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña. Foi profesora titular na Universidade da Coruña.
É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools.[1] Expuxo na Universidade de Harvard na exposición “Os 15 mellores Paisaxistas de Europa” no ano 2000. Encargouse das obras dos proxectos do Parque Oeste / Vale Grande e do Parque Sul en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou a Illa das Esculturas en Pontevedra[1]. Dirixe a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega dende a súa creación en 2008.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, con Álvaro Siza.[1]
- Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística do contorno do Mosteiro de Caaveiro.[2]
- Medalla Castelao en 2018.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Xunta de Galicia (ed.). "Isabel Aguirre de Úrcola". Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ "La arquitecta Isabel Aguirre gana el premio de ciencia María Josefa Wonenburger". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-10-08. Consultado o 2024-05-30.
- ↑ Taboada, X. A. (2018-06-08). "Medallas Castelao a Isabel Aguirre, el sacerdote Xesús Mato y los carteros rurales". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-05-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Isabel Aguirre de Úrcola (en castelán).
- Entrevista con Isabel Aguirre Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).