Mario Vázquez Raña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1932 Cidade de México |
Morte | 8 de febreiro de 2015 (82 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Membro de | |
Premios | |
|
Mario Vázquez Raña, nado na Cidade de México o 7 de xuño de 1932, e finado ibídem o 8 de febreiro de 2015,[1] foi un empresario e dirixente olímpico mexicano. Foi fillo de Venancio Vázquez Álvarez, un galego que emigrou coa súa muller e os seus fillos dende Ourense a México en 1928, onde rexentou un pequeno almacén nun barrio da capital mexicana.
Era licenciado en Administración de Empresas pola Universidade Nacional Autónoma de México. Comezou traballando xunto ao seu pai, pero axiña o seu pequeno negocio converteuse nunha tenda de considerables dimensións, logo coñecida como Almacenes Hermanos Vázquez, cuxo consello de dirección presidiu entre 1960 e 1980.[2]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Recibiu a medalla de Prata da Orde Olímpica en 1978.
- Medalla Castelao en 1992.
- Foi nomeado Oficial da Lexión de Honra da República Francesa en 2006.
Controversias
[editar | editar a fonte]O 5 de abril de 2008, Vázquez Raña recibiu atención da prensa internacional logo de dicir que "o Tíbet é un problema chinés, e non ten relevancia para os Xogos Olímpicos".[3]
En maio de 2012, Vázquez Raña volveu ser mencionado nos medios de comunicación logo de acusacións de que a Organización Editorial Mexicana manipulou artigos a prol do daquela candidato presidencial Enrique Peña Nieto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Long time IOC member Vazquez-Rana dies at 82". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 2015-10-27. Consultado o 2017-01-14 – vía Yahoo! News.
- ↑ "Biografía por Univisión".
- ↑ "Vazquez: A boycott of Beijing Olympic would be 'serious error'". ESPN. 5 de abril de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2010.