Amancio Ortega
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Amancio Ortega Gaona 28 de marzo de 1936 (88 anos) Busdongo de Arbas, España |
Residencia | A Coruña |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, empresario, filántropo |
Patrimonio estimado | 77.000 M$ (2021) |
Familia | |
Cónxuxe | Flora Pérez (2001–) Rosalía Mera (1966–1986), divorcio |
Fillos | Sandra Ortega Mera () Rosalía Mera Marcos Ortega Mera () Rosalía Mera Marta Ortega () Flora Pérez |
Premios | |
Páxina web | faortega.org |
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936,[1] é un empresario galego da moda, creador de Zara[2]. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares[3]. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.[4][5] En xaneiro de 2011 anunciou que en xullo dese ano deixaría a presidencia do grupo téxtil, onde sería relevado por Pablo Isla.[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Actividade profesional
[editar | editar a fonte]Amancio Ortega Gaona, fillo de pais de orixe valisoletana,[7] naceu en Busdongo de Arbas, unha aldea leonesa do concello de Villamanín. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres: o maior, Antonio, faleceu en 1987; Josefina (Pepita) é a menor e Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia. Aos tres meses marchou con eles a Tolosa, onde viviu ata 1944.[7] Nesa altura destinaron a seu pai, xefe de estación de ferrocarril, á Coruña, onde marchou, e onde con catorce anos comezou a súa carreira no mundo do téxtil como empregado de dúas coñecidas tendas de roupa: a camisería Gala[8] onde traballa tres anos e a mercería La Maja a onde vai traballar cos seus irmáns con dezasete anos[9].
É en 1963 cando crea coa axuda dos seus irmáns a compañía Confecciones GOA (as súas iniciais en sentido inverso), dedicada á fabricación de batas. O negocio crece progresivamente nesta década, e coa súa muller daquela, Rosalía Mera, funda Zara como empresa. En 1975 ábrese a primeira tenda de Zara na céntrica rúa de Juan Flórez, na Coruña. Os seus establecementos comezan a abrirse por toda España e o mundo. Co aumento do volume de actividades da empresa, en 1985 créase o grupo Inditex, para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que posúe.
Ademais do negocio téxtil, Ortega diversificou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais como o inmobiliario, o financeiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Refuxiado na normalidade e obsesionado polo anonimato, toda a súa vida e ata o seu rostro foron durante moitos anos un dos segredos mellor gardados. Nunca concedeu unha entrevista, aínda que si ten colaborado nalgún libro biográfico. Entre as súas afeccións coñecidas destacan a hípica, os automóbiles e a pintura.
Marcos, o único fillo home de Ortega, naceu cunha grave discapacidade e o empresario e mais a muller daquela, Rosalía Mera, promoveron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois casou con Flora Pérez Marcote, con quen tivo unha filla, Marta Ortega, quen se perfila como sucesora á fronte do grupo empresarial e no que xa ten ocupado diversos postos como en Bershka.
En 2001 crea a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fin de lucro que promove actividades no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia.
É propietario do pazo de Anceis en Anceis, e o impulsor das instalacións hípicas de Casas Novas, en Larín.
No ano 2012 Amancio Ortega, a través da fundación que leva o seu nome, realizou unha doazón a Cáritas por valor de 20 millóns de euros, que nese momento se calculou que supoñía o 0,05% do seu patrimonio.[10][11] En 2017 doou 300 millóns de euros para equipamento contra o cancro.[12]
Honras
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Viana, Israel (23-10-2015). "Tras el misterio de Amancio Ortega". abc.es. Consultado o 06-01-2018.
- ↑ Amancio Ortega Gaona Arquivado 30 de decembro de 2012 en Wayback Machine. na web de Inditex
- ↑ "The World's Billionaires: Amancio Ortega.". Forbes. Consultado o 11 de marzo de 2011.
- ↑ "Amancio Ortega". forbes.com. Consultado o 06-01-2018.
- ↑ "El fundador de Zara es ya el segundo hombre más rico del mundo". elpais.com. 05-06-2015. Consultado o 06-01-2018.
- ↑ Amancio Ortega propón a Pablo Isla como novo presidente de Inditex Arquivado 18 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 10/1/2011.
- ↑ 7,0 7,1 Vela, Víctor (28-12-2015). "Y el hombre más rico del mundo llegó a Valladolid". elnortedecastilla.es. Consultado o 06-01-2018.
- ↑ Vázquez, Sofía (16 de xaneiro de 2011). "O pai de Inditex aclara o seu futuro"". [La Voz de Galicia]]. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Seis millonarios de la nada", artigo en El Mundo (en castelán).
- ↑ La Fundación Amancio Ortega dona veinte millones de euros a Cáritas. laopinioncoruña.es (en castelán)
- ↑ Calcula cuánto donarías si hicieras como Amancio Ortega con Cáritas (en castelán)
- ↑ "Así se ha repartido la donación millonaria de Amancio Ortega para combatir el cáncer".
- ↑ Amancio Ortega, condecorado por el Gobierno con la Gran Cruz de la Orden al Mérito Civil. leonnoticias.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Badía, Enrique (2008). Zara...y sus hermanas. Col. Historia Empresarial. Madrid: LID Editorial Empresarial, S.L. ISBN 978-8483560266.
- Blanco, Xabier; Salgado, Jesús (2004). Amancio Ortega, de cero a Zara: El primer libro de investigación sobre el imperio Inditex. Madrid: Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-167-7.
- Martín, David (2012). Zara, visión y estrategia de Amancio Ortega. Conecta. ISBN 978-8415431367.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da Fundación Amancio Ortega (en castelán) e (en inglés)