Teresa Portela
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas, sendo unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional. Gañou 17 medallas no Campionato Mundial e outras 17 no Europeo, e participou en sete edicións dos Xogos Olímpicos, conseguindo a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Empezou como piragüista aos nove anos no club Ría de Aldán. Aos 14 anos ingresou cunha bolsa no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. En 1999 debutou no Mundial sub-23,[2] logrando un cuarto posto no K1 500 metros.[3] Conseguiu clasificarse para os Xogos Olímpicos de Sydney, onde quedou eliminada en semifinais.[4]
Primeiras medallas
[editar | editar a fonte]Ao ano seguinte participou no seu Campionato Mundial absoluto, en Poznan. Alí obtivo un cuarto posto no K1 500 metros e dúas medallas no K4 (prata en 200 e bronce en 500), formando equipo con María Isabel García, Belén Sánchez e Ana María Penas.[5] Tamén ese ano co mesmo equipo gañou as súas primeiras medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, en Milán, unha prata e un bronce en K4 200 e K4 500 respectivamente.[6] En 2002 en Szeged proclamouse por primeira vez campioa de Europa, ademais por partida dobre, ao lograr o ouro en K1 200 e en K4 200 (esta vez con María Isabel García, Sonia Molanes e Beatriz Manchón como compañeiras). Tamén logrou unha prata no K4 500.[7]
Campioa do mundo
[editar | editar a fonte]No Mundial de 2002 en Sevilla, proclamouse por primeira vez campioa do mundo, ao chegar primeira na final de K1 200, mentres que levou unha prata e un bronce no K4.[8] No seguinte Mundial, en Gainesville, Estados Unidos, competiu en K1, K2 (con Beatriz Manchón) e K4 (con Manchón, María Isabel García e Jana Smidakova). Volveu á casa con catro medallas: tres pratas en K1 200, K2 200 e K4 200 e un bronce en K4 500. Ademais quedou cuarta no K2 500.[9]
No Europeo de 2004, en Poznan, subiu ao podio en cinco ocasións, tres delas ao máis alto: K1 200, K2 200 e K4 200. Ademais logrou dous bronces en K2 500 e K4 500.[10] Participou ese ano nos Xogos Olímpicos de Atenas, en K2 500 e K4 500, obtendo o quinto posto en ambas categorías.[11]
En 2005 non conseguiu subir ao podio no Europeo pero proclamouse por segunda vez campioa do mundo en K1 200, no Mundial celebrado en Zagreb. Nese mesmo campionato conseguiu a medalla de prata en K2 200 (xunto a Jana Smidakova) e o bronce en K4 200 (xunto a Smidakova, Ana Varela e María Isabel García).[12] Ao ano seguinte gañou o ouro europeo en K1 200[13] pero non conseguiu revalidar ningunha das medallas no Mundial. Tampouco logrou subir ao podio en 2007, nin no Europeo de Pontevedra nin no Mundial de Duisburgo.
Volveu ao podio no ano 2008, no Europeo de Milán, ao chegar terceira á meta no K4 500m.[14] Competiu nesa categoría nos Xogos Olímpicos de Pequín obtendo o seu terceiro diploma olímpico ao rematar o equipo quinto. Tamén participou en K1 500 mais non logrou pasar de semifinais.[15] No seguinte Europeo, en Brandeburgo, conquistou de novo tres anos despois o ouro en K1 200,[16] mentres que no Mundial en Dartmouth (Canadá) obtivo un bronce en K4 500m.[17]
Década de 2010
[editar | editar a fonte]A década de 2010 comezou con dúas medallas de bronce no Europeo celebrado en Tresona, parroquia do concello asturiano de Corvera, en K1 200 e K4 500.[18] No Mundial só puido conseguir un cuarto e un quinto posto.[19] A partir deste momento pasou a competir só en K1 200 metros. O Europeo de 2011 celebrouse en Belgrado e alí conseguiu a medalla de prata, acompañada no podio pola portuguesa de mesmo nome, Teresa Portela (3ª), e a rusa Natalia Lobova (1ª).[20]
En 2012 participou nos Xogos Olímpicos de Londres, quedando ás portas da súa primeira medalla olímpica, ao rematar cuarta, a 198 milésimas da terceira, a húngara, Natasa Douchev-Janics.[21][22] En 2013 gañou a prata no Europeo celebrado en Montemor-o-Velho[23] e quedou cuarta no Mundial, en Duisburgo.[24] En 2015 quedou quinta no Europeo da República Checa[25] e subiu ao terceiro caixón do podio no Mundial de Milán.[26]
En 2016 competiu nos Xogos Olímpicos de Río, os seus quintos Xogos, rematando sexta na final de K1 200 metros e sumando o seu quinto diploma.[27] En 2018 quedou cuarta no Europeo de Belgrado[28] e oitava no Mundial de Montemor.[29] En 2019, aos 37 anos, obtivo o bronce no Mundial celebrado en Szeged, e conseguiu deste xeito o pase aos seus sextos Xogos Olímpicos, converténdose na primeira muller española en lograr tal fito.[2][30] Nesa proba repartíronse dous bronces, pois Teresa Portela e a danesa Emma Jørgensen obtiveron o mesmo tempo.[31]
Década de 2020
[editar | editar a fonte]Os Xogos de Toquio foron adiados por mor da pandemia de COVID-19 e as prazas olímpicas volveron poñerse en xogo, conseguindo de novo Teresa Portela a clasificación para a cita olímpica ao gañar a proba celebrada en Verducido.[32] Xa na capital xaponesa, na categoría de K1 200, obtivo o primeiro posto na primeira serie e o cuarto nas semifinais, meténdose na súa sexta final olímpica.[33] Na manga final fixo historia, logrando unha medalla de prata 21 anos despois do seu debut nos Xogos, así como a primeira medalla para unha muller galega en piragüismo. Chegou á meta cun tempo de 38,883 s, por detrás da neozelandesa Lisa Carrington e por diante da danesa Emma Jørgensen.[34][35][36]
En agosto de 2022 conseguiu de novo unha prata no Campionato Mundial, acabando segunda xunto a Sara Ouzande na final do K2 200 metros, só por detrás das húngaras Blanka Kiss e Anna Lucz.[37] Un ano despois sumou a súa 17ª medalla no Mundial, desta vez na proba de K4 500 metros, na que competiu xunto a Ouzande, Estefanía Fernández e a tamén pontevedresa Carolina García. Deste xeito logrou tamén a clasificación para os seus sétimos Xogos Olímpicos.[38]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É diplomada en Maxisterio (especialidade de Educación Física) e graduada en Fisioterapia pola Universidade de Vigo. Está casada co piragüista olímpico David Mascato, con quen ten unha clínica de fisioterapia no Grove. Teñen unha filla, Naira, nada en 2014.[39]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Foi galardoada varias veces nos Premios Galicia de Piragüismo.[40]
- En 2013 foi galardoada coa medalla de prata da Real Orde do Mérito Deportivo.[41]
- En 2013 recibiu o Premio á "Mellor traxectoria deportiva" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da II Gala do Deporte Feminino Galego.[42]
- En 2014 foi recoñecida como mellor padexeira do 2013 pola Federación Española de Piragüismo.[43]
- En 2016 foi distinguida nos Premios do Deporte Galego como mellor deportista feminina de 2015.[44]
- En 2019 recibiu a Medalla Castelao.[45]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2021 | Toquio | Prata | K1 200 m |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2001 | Poznan | Prata | K4 200 m |
2001 | Poznan | Bronce | K4 500 m |
2002 | Sevilla | Ouro | K1 200 m |
2002 | Sevilla | Prata | K4 200 m |
2002 | Sevilla | Bronce | K4 500 m |
2003 | Gainesville | Prata | K1 200 m |
2003 | Gainesville | Prata | K2 200 m |
2003 | Gainesville | Prata | K4 200 m |
2003 | Gainesville | Bronce | K4 500 m |
2005 | Zagreb | Ouro | K1 200 m |
2005 | Zagreb | Prata | K2 200 m |
2005 | Zagreb | Bronce | K4 200 m |
2009 | Dartmouth | Bronce | K4 500 m |
2015 | Milán | Bronce | K1 200 m |
2019 | Szeged | Bronce | K1 200 m |
2022 | Dartmouth | Prata | K2 200 m |
2023 | Duisburgo | Bronce | K4 500 m |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2001 | Milán | Prata | K4 200 m |
2001 | Milán | Bronce | K4 500 m |
2002 | Szeged | Ouro | K1 200 m |
2002 | Szeged | Ouro | K4 200 m |
2002 | Szeged | Prata | K4 500 m |
2004 | Poznan | Ouro | K1 200 m |
2004 | Poznan | Ouro | K2 200 m |
2004 | Poznan | Ouro | K4 200 m |
2004 | Poznan | Bronce | K2 500 m |
2004 | Poznan | Bronce | K4 500 m |
2006 | Račice | Ouro | K1 200 m |
2008 | Milán | Bronce | K4 500 m |
2009 | Brandeburgo | Ouro | K1 200 m |
2010 | Trasona | Bronce | K1 200 m |
2010 | Trasona | Bronce | K4 200 m |
2011 | Belgrado | Prata | K1 200 m |
2013 | Montemor-o-Velho | Prata | K1 200 m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teresa Portela tórnase en lenda cunha prata nos seus sextos Xogos Olímpicos". Praza Pública. 2021-08-02. Consultado o 2021-08-03.
- ↑ 2,0 2,1 "Teresa Portela, bronce mundial con 37 años, primera española que disputará seis Juegos Olímpicos". El País (en castelán). 24 de agosto de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Teresa Portela: «Si me tienen en cuenta a mí para las medallas de Tokio, eso es bueno»" (en castelán). 26 de agosto de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Sydney 2000" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Poznan 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Milán 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Szeged 2002". CanoeResults (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Sevilla 2002" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Gainesville 2003" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Poznan 2004". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Piragüismo en Atenas 2004" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Zagreb 2005" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Racice 2006". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Milán 2008". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Piragüismo en Pequín 2008" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Brandeburgo 2009". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Dartmouth 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Trasona 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Poznan 2010" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Belgrado 2011". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Teresa Portela finaliza en cuarta posición y se queda a un suspiro de la medalla en Londres 2012". La Voz de Galicia. 11 de agosto de 2012. Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de piragüismo en Londres 2012" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Montemor 2013". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Duisburgo 2013" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Racice 2015". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Milán 2015" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de piragüismo en Río 2016" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Belgrado 2018". CanoeResults (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Montemor 2018" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Szeged 2019" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Teresa Portela, leyenda del olimpismo español tras lograr el bronce y ganar plaza para sus sextos Juegos". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ Espiño, Diego (9 de abril de 2021). "Teresa Portela imponse no selectivo de Verducido e gaña oficialmente a praza para os Xogos de Tokyo". Pontevedra Viva. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Alonso, Paulo (3 de agosto de 2021). "Teresa Portela pasa a la final olímpica de Tokio de K1 200 a sus 39 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ Alonso, Paulo (Plata de leyenda para Teresa Portela en los Juegos de Tokio). "Plata de leyenda para Teresa Portela en los Juegos de Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o Plata de leyenda para Teresa Portela en los Juegos de Tokio.
- ↑ Redacción/EFE (3 de agosto de 2021). "¡Teresa Portela hace historia: logra la plata en Tokio a sus 39 años!". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ Alonso, Paulo (3 de agosto de 2021). "Plata de leyenda para Teresa Portela en los Juegos de Tokio". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ Pérez, Lluís Carles (6 de agosto de 2022). "Teresa Portela y Sara Ouzande logran la plata mundial en K2 200". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "La leyenda de Teresa Portela abarca el infinito" (en castelán). 26 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Fleitas, B. (1 de setembro de 2019). "Teresa Portela, una vida en el Olimpo: "He aprendido a valorar los cuartos puestos"". Marca.
- ↑ "David Cal, Teresa Portela y Alfredo Bea, principales protagonistas de los Premios Galicia de Piragüismo" (en castelán). 17 de novembro de 2005. Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ Penedo, Pablo (30 de outubro de 2013). "Ramón Ferro recibe la medalla de bronce de la Real Orden del Mérito Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Ames acolle a II Gala do deporte feminino galego". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Teresa Portela, galardonada como mejor palista española de 2013". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ "Teresa Portela y Gómez Noya, Premios do Deporte Galego 2015" (en castelán). 14 de abril de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2019.
- ↑ Capeáns, Juan (7 de xuño de 2019). "Pleno de mujeres en las Medallas Castelao 2019". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresa Portela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha, palmarés e entrevista a Teresa PortelaArquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Jorge Casanova (21 de febreiro de 2016). "Teresa Portela: «Guardo las medallas en un cajón»". La Voz de Galicia.
- Teresa Portela en CanoeResults.eu (en inglés).
- Nados en Cangas
- Nados en 1982
- Piragüistas de Galicia
- Piragüistas olímpicos de Galicia
- Piragüistas olímpicos de España
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2024
- Medallistas olímpicos de Galicia
- Medallistas olímpicos en piragüismo
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Alumnos da Universidade de Vigo
- Medallas Castelao