Carolina García Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1999 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Educación | Universidade de Sevilla ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piragüista ![]() |
Deporte | piragüismo ![]() |
Carolina García Otero, nada en Pontevedra o 23 de novembro de 1999, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de 2023 e participou nos Xogos Olímpicos de 2024
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2023 conseguiu a medalla de bronce no Campionato Mundial celebrado en Duisburgo, na proba de K4 500 metros, na que competiu xunto a Sara Ouzande, Estefanía Fernández e a tamén pontevedresa Teresa Portela. Con este resultado logrou tamén a clasificación para os seus primeiros Xogos Olímpicos.[1][2]
Xa en París participou en dúas modalidades, K-4 e K-2, ambas sobre a distancia de 500 metros. Na primeira delas competiu formando equipo xunto a Ouzande, Fernández e Portela, conseguindo o pase á final ao primeiro intento.[3] Xa na final só puideron ser sextas, a menos de dous segundos da piragua neozelandesa, medalla de ouro.[4] Menos fortuna tivo no K-2, no que participou xunto a Ouzande. Lograron o pase ás semifinais, pero non á final, ao rematar sextas na súa serie. Na final de consolación non conseguiron cruzar a meta, ao envorcar o seu caiac nos metros finais.[5]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2023 | ![]() |
![]() |
K4 500 m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La leyenda de Teresa Portela abarca el infinito" (en castelán). 26 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Llácer, Daniel (31 de agosto de 2023). "Rumbo a París a golpe de remo". Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Refojos, Borja (6 de agosto de 2024). "Teresa Portela, a la final de K4 500: siete Juegos, siete finales" (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ Alonso, Paulo (8 de agosto de 2024). "Teresa Portela y Carolina García, sextas en la final de K4 500 de los Juegos Olímpicos de París". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ Carrazoni Mier, Yuri (10 de agosto de 2024). "Despedida accidentada de García e Ouzande, que non puideron rematar a final B do K2 500 após envorcar o caiac". Nós Diario. Consultado o 10 de agosto de 2024.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos da piragüista no sitio web da Federación Internacional de Piragüismo (en inglés).