José Regojo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1900 Fermoselle, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1993 (92 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Fillos | Juan Ángel Regojo |
Premios | |
|
José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) o 13 de novembro de 1900 e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 1993, foi un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou a súa actividade comercial en Portugal, dedicouse á venda de puntillas en Lisboa. Despois pasou a fabricar camisas, e instalou unha fábrica en Zamora. Coñeceu no Centro Galego de Lisboa á redondelá Rita Otero Fernández, filla de Juan Manuel Otero Milleiro, coa que casou en 1927. Instalouse en Redondela onde montou unha fábrica de camisas. Ao comezo da Guerra civil instalou unha fábrica de calzado para o Exército. Fabricou un tipo de camisas moi popular durante o franquismo e contaba co Exército como primeiro cliente. Foi un dos principais empresarios téxtiles. A mediados dos anos sesenta deixou a dirección das súas empresas por problemas de saúde, e empezaron a declinar ata que desapareceron.[1] Finou en Vigo o 14 de xaneiro de 1993.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla ao Mérito no Traballo.
- Medalla Castelao, 1992.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rita Otero Fernández en 1927 e foi pai de Rita, Teresa, Juan Ángel, José, Concepción, Pedro e Alejandra Regojo Otero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Regojo, empresario camisero gallego
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-1-1993, p. 67.