Coral de Ruada
Coral de Ruada | |
---|---|
Cartel de Coral de Ruada, feito por Camilo Díaz Baliño en 1931. | |
Tipo | coro |
Data de fundación | 1918 |
Premios | Pedrón de Ouro, Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Premio Trasalba e Premio Otero Pedrayo |
Sede | Ourense |
País | Galicia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creada o 5 de outubro de 1918 por Xavier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Julio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla.
Fixo unha rolda de concertos por América do Sur en 1931, na que Camilo Díaz Baliño foi o escenógrafo. O documental de 1937 The Spanish Earth, do holandés Joris Ivens, comeza coa interpretación por parte da Coral de Ruada da peza "Negra sombra", de Rosalía de Castro, gravada en 1929 polo selo Columbia baixo dirección de Daniel González.[1].
En 1946 interpretaron varias cancións populares no filme Mar abierto, de Ramón Torrado.[2]
Tivo como directores a Daniel González Rodríguez (1919-1955), Manuel de Dios (1955-1990), Bruno Fuentes, José María González Álvarez e Juan José Rumbao. Dende o ano 2009 está dirixida por Xoán Vázquez Casas.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Pedrón de Ouro (1990)
- Medalla de Bronce de Galicia (1992)
- Medalla Castelao (2013)
- Premio Trasalba (2018)[4]
- Premios Rebulir da Cultura Galega na categoría Homenaxe (2019)
- Premio Otero Pedrayo (2024)[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Negra Sombra: melodía gallega; Foliada de Orense: canto gallego / Coro de Ruada; director, D. González". Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- ↑ "Mar abierto". www.coralderuada.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018.
- ↑ "Daniel González y Manuel de Dios, los grandes directores". Faro de Vigo (en castelán). 1/7/2018.
- ↑ "A Coral De Ruada recibirá o Premio Trasalba". CCG. 5/4/2018.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo 2024 recoñece a traxectoria artística de máis dun século da Coral de Ruada". Xunta de Galicia. 2024-10-14. Consultado o 2024-10-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Coral de Ruada". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fundación Otero Pedrayo, ed. (2018). Coral de Ruada: Premio Trasalba, 2018. Fundación Otero Pedrayo. ISBN 978-84-948711-1-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |