Saltar ao contido

Ledicia Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLedicia Costas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil e literatura galega Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina weblediciacostas.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100063708724755 Twitter: lediciacostas Instagram: lediciacostas BNE: XX1474692 Bitraga: 4223 AELG: 356 BUSC: costas-alvarez-ledicia-1979 Editar o valor en Wikidata

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo[1], desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria.[2] É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.[3] [4]En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao.

Entrevista en Nós TV.

En 2022 traduciu ao galego "SloMo", a canción de Chanel que representou a España no Festival de Eurovisión 2022, cunha gran repercusión nas redes sociais.[5]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas.[6]

Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”.[7]

Canto ao Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (Escarlatina, a cociñeira defunta), o Xurado decidiu premiar a obra por ser “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que tamén destaca pola súa fácil lectura, o seu humor estarrecedor, e a súa habilidade para desmitificar o mundo da morte".[8] O libro foi traducido a unha morea de idiomas e leva vendidas ducias de miles de exemplares.

É tamén a creadora das coleccións A señorita Bubble (Ilustrada por Andrés Meixide), Os Minimortos (ilustrada por Mar Villar) e Curriño (comezada en 2024 e ilustrada por Mili Koey).

Narrativa para adultos

[editar | editar a fonte]

No libro de relatos Un animal chamado néboa (2015) a capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir, nin o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano porque é en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal.[9]

En Infamia (2019) Emma Cruz é unha avogada e profesora de Dereito Penal que volve a Merlo para impartir clases na Universidade. Hai 25 anos que desapareceron dúas nenas, as irmás Giraud. Están mortas? Quen as asasinou? A novela é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece, unha historia de amor, odio e loucura.[10] Foi traducida ao castelán, catalán, inglés, coreano, búlgaro, romanés, italiano, portugués e persa.[11]

En Golpes de luz (2021) Xulia é unha xornalista que se acaba de separar e volve a Galicia co seu fillo Sebas (de dez anos, o que pensa que a avoa Luz é o deus Thor porque sempre anda co seu martelo) e ten que se enfrontar a un pasado cheo de segredos. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven esta historia.[12]

En Pel de cordeiro (2024) cóntanos dúas historias en dous tempos diferentes: a historia de Catalina nas últimas rabexadas da Inquisición e a de Lola no Vigo actual. Nas dúas está a súa historia de rebelión contra as convencións sociais pero en contextos diferentes. As dúas con inquedanzas no escuro, na morte, no máxico.[13] Dúas partes moi diferentes e narradas de xeito distinto pero nas dúas está presente a bruxaría.

Con Ultraluz gañou o Premio de Poesía Afundación en 2022. Para a autora o libro é[14]:

Ultraluz é un bosque. É un bosque con sombra e con luz. É un lugar fantástico, ateigado de criaturas da cultura popular, como o demogorgon, o kodama ou o oitavo pasaxeiro, e tamén de escuridade, de morte, unha constante na miña obra, un tema que me latexa dentro, que aquí abordo a cabalo coa fantasía, outro tema recorrente en min.

O xurado resaltou[15]:

...que o poemario da escritora viguesa, segundo recolle a acta, «é un exercicio de claridade e autenticidade poética cunha clara vontade de achegar os mundos fantásticos ao noso bosque logrando unha interacción entre as referencias ao anime e á ciencia ficción. Hai unha interpelación ao lector como axente activo convidándoo a entrar nese mundo de frescor infantil que mestura o abraio e o sombrizo.
  • Ultraluz (2022). Arte de Trobar. Centro PEN Galicia. 66 páxs. ISBN 978-84-09-45310-8.
    • (2023). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-431-9. Inclúe imaxes do espectáculo de palabra, música e luz arredor dos poemas no que Ledicia Costas foi acompañada dos músicos Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

A señorita Bubble

[editar | editar a fonte]
  • A Señorita Bubble. Baixo cero (2020). Xerais, Sopa de libros. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-763-3. ePub: ISBN 978-84-9121-769-5.
    • En castelán: La señorita Bubble: Aventura bajo cero (2020). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos.
  • A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas (2023). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Andrés Meixide. 128 páxs. ISBN 9788411102599. ePub: ISBN 978-84-1110-269-8.
    • En castelán: La señorita Bubble: Dios salve a las reinas (2023). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos.

Os Minimortos

[editar | editar a fonte]

Álbum ilustrado

[editar | editar a fonte]
Presentando Golpes de luz na Libraría Paz de Pontevedra (11/12/2021), con María Oruña e Chus Gómez Dorrego

Narrativa adulta

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Ledicia Costas conversando con Ramón Rozas a noite do Samaín de 2017 en Pontevedra.

Asinan as súas publicacións como Pereledi.

Ledicia Costas en 2014
  1. "Sobre min. Ledicia Costas". Consultado o 2019-04-09. 
  2. 2,0 2,1 Costas, Ledicia (26 de agosto de 2019). “En ‘Infamia’ hai unha sociedade enferma. Pero non máis que a nosa, que é profundamente violenta”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  3. "Revista Criaturas.". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2015. 
  4. "Ledicia Costas Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2024-06-20. 
  5. "La escritora Ledicia Costas traduce al gallego la canción de Chanel que irá a Eurovisión". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-31. Consultado o 2022-06-20. 
  6. "Libros de LEDICIA COSTAS Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2024-06-20. 
  7. Galicia, elDiario es (2022-05-31). "La viguesa Ledicia Costas se convierte en la primera autora que gana tres veces el premio Lazarillo de literatura infantil". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-06-20. 
  8. "Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2024-06-20. 
  9. "Un animal chamado néboa - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-06-20. 
  10. "Infamia - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-06-20. 
  11. "El gris que nos habita (reseña de “Infamia”, de LEDICIA COSTAS) Periodismo alternativo" (en castelán). 2021-04-11. Consultado o 2024-06-20. 
  12. "Golpes de luz - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-06-20. 
  13. Buceta, Jacobo (2024-05-06). "Ledicia Costas: "Pel de cordeiro é unha novela sobre a rebelión e contra as convencións sociais"". cadena SER. Consultado o 2024-06-20. 
  14. "Entrevista de Afundación a Ledicia Costas, gañadora do XX Premio de Po". www.afundacion.org. Consultado o 2024-06-20. 
  15. "Ledicia Costas gaña o Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz»". La Voz de Galicia. 2022-10-06. Consultado o 2024-06-20. 
  16. "«Unha estrela no vento» de Ledicia Costas. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 27/07/2017. Consultado o 9/4/2019. 
  17. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 9/4/2019. 
  18. "Heart of Jupiter - Portico of Galician Literature". galicianliterature.gal. Arquivado dende o orixinal o 09/01/2020. Consultado o 9/4/2019. 
  19. "El corazón de Júpiter". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 26/6/2019. 
  20. "Ficha de libro. Editorial Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 9/4/2019. 
  21. Méndez, Celia. "Crítica de Escarlatina, a cociñeira defunta (de Ledicia Costas en Edicións Xerais) « Criaturas". Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 9/4/2019. 
  22. "Escarlatina, la cocinera cadáver". Anaya Infantil y Juvenil. Arquivado dende o orixinal o 01/07/2017. Consultado o 9/4/2019. 
  23. "Escarlatina a cozinheira-cadáver". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  24. "«Escarlatina, a cociñeira defunta», fala coreano. Noticia no «Sermos Galiza» sobre a publicación en coreano do libro de Ledicia Costas. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 4/7/2019. 
  25. Méndez, Celia. "Crítica de Esmeraldina, a pequena defunta « Criaturas". Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 9/4/2019. 
  26. "Esmeraldina, la pequeña fantasma". Anaya Infantil y Juvenil. Arquivado dende o orixinal o 01/07/2017. Consultado o 9/4/2019. 
  27. "Esmeraldina a pequena fantasma". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  28. "[Esmeraldina, a pequena defunta]". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-27. 
  29. "Extravaganzza Pérez, unha nena coas ideas moi claras, protagonista do novo libro de Ledicia Costas". Pontevedra Viva. Consultado o 9/4/2019. 
  30. "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA - Librerías Espacio Lector Nobel". www.libreriasnobel.es. Consultado o 9/4/2019. 
  31. "Verne y la vida secreta de las mujeres planta". Anaya Infantil y Juvenil. Consultado o 9/4/2019. 
  32. "Publicacións. Ledicia Costas". Consultado o 9/4/2019. 
  33. Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 4/7/2019. 
  34. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 9/4/2019. 
  35. "A balada dos unicornios". Trafegando Ronseis. 24 de setembro de 2018. Consultado o 27/9/2018. 
  36. "La balada de los unicornios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 2/11/2019. 
  37. "Balada unicornilor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 2/11/2019. 
  38. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 11/10/2019. 
  39. Nicolás, Ramón (18/11/2019). "Conexión Macarrón, de Ledicia Costas". Caderno da crítica. Consultado o 25/11/2019. 
  40. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 4/2/2020. 
  41. Lores Rodríguez, Catarina (Outubro, novembro, decembro 2020). "Eleonora: a vampira das palabras". Revista Grial. LVIII: 105–106. ISSN 0017-4181. 
  42. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-14. 
  43. Sanisidro Lojo, Ana (abril, maio, xuño 2022). "Abismo onde conviven realidade e fantasía". Grial LX (234): 101. ISSN 0017-4181. 
  44. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 18/09/2020. Consultado o 9/4/2019. 
  45. "La señorita Bubble". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 26/6/2019. 
  46. "Los Minimuertos. Bienvenidos al otro barrio". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  47. "Los Minimuertos. Criando malvas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  48. "Los Minimuertos. Días de vivos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  49. "Falso aniversario. Os Minimortos - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-10-31. 
  50. "Curriño. Benvido ao equipo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-26. 
  51. "Curriño. O can influencer - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-26. 
  52. "Sete dentes de león - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-17. 
  53. "Un animal chamado néboa". Consultado o 2019-04-09. 
  54. "An Animal Called Mist". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26. 
  55. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-04-09. 
  56. Pena Presas, Montse (xullo, agosto, setembro 2019). "Afogar en Merlo (sobre as redes que tecen "Infamia")". Grial LVII (223): 76. ISSN 0017-4181. 
  57. Da Silva, Xosé Manuel (outubro, novembro, decembro 2019). "Ledicia Costas transferida ao castelán". Grial LVII (224): 104–106. ISSN 0017-4181. 
  58. "Golpes de luz". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  59. "Pel de cordeiro - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-26. 
  60. Nicolás, Ramón (2024-05-24). "Cun pulso extraordinario". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-24. 
  61. "Caramomia - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08. 
  62. "Desaparissió". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26. 
  63. culturagalega.org (2019-06-26). "O galardón entregarase no Festival de terror, fantasía e ciencia ficción Celsius 232 de Avilés". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-06-26. 
  64. "Danse a coñecer os nomes dos gañadores dos Premios Cultura Galega 2020 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-12-05. 
  65. David Lombao (11 de decembro de 2021). "Berta Dávila gaña o Premio Xerais de Novela e mais o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil". Praza Pública. 
  66. "Ledicia Costas y Víctor Jimeno, premios Lazarillo 2021". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2022-05-31. 
  67. "Ledicia Costas gaña o Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz»". La Voz de Galicia. 2022-10-06. Consultado o 2022-10-07. 
  68. "Rueda avanza as Medallas Castelao 2023: estas son as persoas premiadas". Nós Diario. 22 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]