Saltar ao contido

José Antonio García Caridad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio García Caridad
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1926 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de novembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGallegos, (p.235) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX894666 BUSC: garcia-caridad-jose-a-1926

José Antonio García Caridad, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1926, e finado ibídem o 8 de novembro de 2020,[1] foi un xurista galego. Dende 1990, foi presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación,[2] institución asociada ao Instituto de España. As súas achegas ao Dereito galego e a súa destacada traxectoria profesional son recoñecidas tanto a nivel nacional como internacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na carreira xudicial en 1953, e ao longo dos anos tivo diversos cargos, entre eles o de vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, cargo que ocupou ata a súa xubilación.[3] Destacou como experto en dereito galego, especialmente en montes veciñais en man común, e a súa influencia foi recoñecida en diversas disposicións lexislativas.

Foi membro fundador do Instituto Español de Dereito Foral e secretario da súa Sección Galega, así como fundador e membro do Seminario de Estudos Galegos entre 1987 e 1996,[3] onde tamén dirixiu a Área Xurídica. Exerceu como vogal da Comisión Superior de Estudo e Desenvolvemento do Dereito de Galicia, creada como órgano consultivo da Xunta de Galicia polo Decreto 71/1984, do 23 de febreiro, e vogal de Presentación desa Comisión, constituída por Orde da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia o 1 de abril de 1987. Tamén foi presidente da Asociación Galega de Arbitraxe e membro numerario do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

Desempeñou o cargo de primeiro presidente do Consello Consultivo de Galicia entre 1996 e 2008.[4] Ademais, foi vogal do Consello da Cultura Galega e coordinador da súa Comisión Galega de Dereito entre 1990 e 1996.[3] Ocupou a posición de académico honorario da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de España, así como de varias academias en Valencia, Granada, a Arxentina, Colombia, México, Chile, Nicaragua e Bolivia. Foi académico correspondente da Academia de Xurisprudencia e Lexislación de Baleares e vicepresidente da Conferencia das Academias Xurídicas e Sociais de Iberoamérica.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Cruz Distinguida de San Raimundo de Peñafort (1964)
  • Comandante da Orde do Mérito Agrícola (1968)
  • Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1992)
  • Gran Cruz da Orde Civil de San Raimundo de Peñafort, outorgada polo Real Decreto 180/1996, do 2 de febreiro.
  • Premio Iurisgama "Xurista Galego do Ano" (Asociación de Xuristas Galegos de Madrid) o 1 de xullo de 2010.
  • Gran Cruz de Afonso X o Sabio, concedida polo Real Decreto 93/2011, do 21 de xaneiro.
  • Medalla de Ouro do Consello Consultivo de Galicia o 7 de xuño de 2011.
  1. ragjyl.gal (ed.). "EXCMO. SR. D. JOSÉ ANTONIO GARCÍA CARIDAD (MEDALLA Nº 33) Tomó posesión el 17.10.1980". Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  2. "Fallece José Antonio García Caridad, presidente de la Real Academia Gallega de Jurisprudencia". La Voz de Galicia. 8 de novembvro de 2020. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 consellodacultura.gal (ed.). "José Antonio García Caridad". Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  4. ragjyl.gal (ed.). "O Presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación Excmo. Sr. D. José Antonio García Caridade faleceu hoxe, domingo 8 de novembro de 2020.". Consultado o 9 de xullo de 2024.