Saltar ao contido

Bieito XV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBieito XV, papa

(1915) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Benedictus PP. XV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giacomo Paolo Giovanni Battista della Chiesa Editar o valor en Wikidata
21 de novembro de 1854 Editar o valor en Wikidata
Pegli (Reino da Sardenha) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1922 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Palacio Vaticano (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor en Wikidata
258º Papa
3 de setembro de 1914 – 22 de xaneiro de 1922
← Pío XPío XI →
Cardeal
25 de maio de 1914 –
Arcebispo católico
16 de decembro de 1907 –
← Domenico Svampa (pt) TraducirGiorgio Gusmini (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Pontificia Eclesiástica
Pontificia Universidade Gregoriana
Universidade de Xénova Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1907–), Sacerdote católico de rito romano (1878–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPío X Editar o valor en Wikidata
Participou en
31 de agosto de 1914Conclave de 1914 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) In Te Domine Speravi, Non Confundar In Aeternum Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бенедикт XV)
Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) Traducir, (sec:Benedict XV [Giacomo Della Chiesa] (1854-1922))
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
Sitio webw2.vatican.va… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5348700 Dialnet: 4416630 WikiTree: Chiesa-11 Find a Grave: 6000645 Editar o valor en Wikidata

Bieito XV (en latín: Benedictus PP. XV), nado en Xénova o 21 de novembro de 1854 e finado no Vaticano o 22 de xaneiro de 1922, foi un relixioso italiano, Papa número 258 da Igrexa católica. O seu nome de nacemento era Giacomo della Chiesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Giacomo Della Chiesa, que se converterá en Papa co nome de Bieito XV, nace en Xénova o 21 de novembro de 1854, era o terceiro dos catro fillos do marqués Giuseppe Della Chiesa -de familia patricia cuxos orixes se remontaban aos tempos de San Ambrosio- e da marquesa de orixe napolitana Giovanna Migliorati.

Estuda como alumno externo no seminario da súa cidade e, na adolescencia manifesta o seu desexo de ser sacerdote, pero o seu pai éxíxelle que remate primeiro os seus estudos civís. Así, despois de licenciarse en Dereito, e co consentimento paterno, en 1875 ingresa no Colexio Capranicense de Roma e ordénase sacerdote o 21 de decembro de 1878. Admitido na Academia Pontificia dos Nobres Eclesiásticos, a actual Escola Diplomática Vaticana, ao rematar os estudos, en 1883 parte para Madrid, onde exerce funcións de secretario do nuncio Mariano Rampolla dei Tíndaro, co que regresa en 1887 cando este é creado Cardeal e nomeado Secretario de Estado de León XIII. Durante o seu servizo na Nunciatura tivo un papel destacado na arbitraxe que Alemaña e España confiaron a León XIII para resolver o conflito que mantiñan pola posesión das Illas Carolinas.

Funcionario e máis tarde substituto (adxunto) da Secretaría de Estado, primeiro con Rampolla e, durante o pontificado de Pío X co español Rafael Merry del Val, é tamén profesor na Academia Pontificia dos Nobres Eclesiásticos.

Consagrado bispo por San Pío X na Capela Sistina, o 22 de decembro de 1907, é nomeado bispo de Boloña, sé que xa non deixará ata ser elixido Papa. O 25 de maio de 1914 é creado cardeal. Menos de tres meses despois, o 20 de agosto, a consecuencia dun ataque de broncopulmonía, morre Pío X.

Estamos no principio da I Guerra Mundial. O 28 de xullo, Austria-Hungría declara a guerra a Serbia e, pola súa banda, Alemaña declara o 1 de agosto a guerra a Rusia e o 3 de agosto a Francia. O 4 de agosto, o exército alemán, para atacar a Francia, invade a neutral Bélxica e ese mesmo día Gran Bretaña declara a guerra a Alemaña.

Neste dramático contexto histórico, no Conclave reunido o 31 de agosto foi elixido Papa Giacomo Della Chiesa, que fora creado cardeal só tres meses antes. Debido á guerra, a consagración do Pontífice non se fai na Basílica de San Pedro senón, dun xeito máis sinxelo, na Capela Sistina.

Bieito XV e a I Guerra Mundial

[editar | editar a fonte]

A guerra mundial, a loita pola paz foron a principal e case única preocupación da primeira parte do seu pontificado, así na Exhortación Ubi Primum, do 8 de setembro de 1914, escribe: "Cando desde esta cima Apostólica volvemos a mirada a todo o rabaño do Señor confiado a Noso coidado, inmediatamente o inhumano espectáculo desta guerra Nos enche o ánimo de horror e de amargura, ao constatar que tantos lugares de Europa, devastada a ferro e lume, tínguese co sangue dos cristiáns... Pregamos e suplicamos vivamente a aqueles que dirixen a sorte dos pobos a esquecer tódalas súas desavinzas en interese da sociedade humana".

A difícil situación da Santa Sé, "prisioneira" en Roma desde que así se declarara Pío IX o 20 de setembro de 1870, faise máis grave cando o 24 de maio de 1915 Italia entra en guerra: os Estados inimigos de Italia retiran os seus representantes diplomáticos ante o Vaticano e os trasladan a Suíza, a diplomacia vaticana queda nun estado de case completa incomunicación.

Durante toda a guerra continúa cos seus escritos pedindo, unha e outra vez, o fin da guerra e o establecemento dunha paz duradeira. Así, o 28 de xullo de 1915 pide que se poña fin á "horrenda carnicería que desde fai case un ano deshonra Europa". Ou no Nadal dese ano condena o retroceso da civilización humana, que reduciu o mundo a "hospital e osario".

Bieito XV ten que ver como ningunha das súas chamadas é escoitada. O 1 de agosto de 1917 envía aos líderes dos pobos en conflito a Exhortación "Dès le dèbut". O documento é tan duro que esperta máis críticas que consenso. Mentres os panxermanistas a consideran un instrumento dirixido a quitarlle a vitoria aos imperios centrais, en Italia e Francia xúlgase como un documento ao servizo de Alemaña e dos seus aliados, tanto que Georges Clemenceau define a Bieito XV como o "Papa boche" (alemán, como insulto).

Ao mesmo tempo que mantén esta actividade diplomática e maxisterial, Bieito XV leva adiante unha importante labor humanitaria, enviando e estimulando o envío de axuda a nenos famentos, aos feridos e aos prisioneiros. Así, fai saber da situación humanitaria que se vive en Italia, ou pide para os prisioneiros turcos un trato humanitario ao tempo que lles envía axuda. Xa despois da guerra chamará a atención da situación catastrófica que viven países como Austria, Polonia ou Rusia.

Outras realizacións

[editar | editar a fonte]

Fóra de todo o esforzo que adicou á logra-la paz durante a I Guerra Mundial, Bieito XV destacou por algunhas reformas de fonda pegada na vida da Igrexa. O 27 de maio de 1917 promulga, coa Bula Providentissima Mater, o novo Código de Dereito Canónico, que xa estaba previsto no Concilio Vaticano I, case 50 anos antes, e que foi a primeira codificación sistemática de todo o corpus xurídico canónico ciscado por innumerables documentos. Tamén no mesmo 1917, co Motu Proprio Dei Providenti de 1 de maio de 1917, institúe a Sacra Congregación para as Igrexas Orientais, e, co Motu Proprio Orientis Catholici, de 15 de outubro de 1917, funda en Roma o Instituto Pontificio para os Estudos Orientais, que levaba anexa unha biblioteca amplamente dotada de obras da especialidade.

En canto á presenza pública da Igrexa o pontífice fai unha contribución histórica cando, falando en marzo de 1919 ás Xuntas Diocesanas da Acción Católica de Italia, anula de feito o "Non Expedit" de Pio IX que, xunto co decreto de 10 de setembro de 1874 da Sacra Penitenciaría, vetaba aos católicos a participación nas eleccións e na vida política en xeral. Os resultados non se fan esperar: o sacerdote siciliano Luigi Sturzo, funda ese mesmo ano o Partito Poppolare Italiano (primeiro nome da Democracia Cristiá), e o Padre Agostino Gemelli, en 1921 funda en Milán a Universidade Católica do Sacro Cuore.

Enfermo de broncopulmonía, morre o 22 de xaneiro de 1922.

O teólogo Enrique Miret Magdalena explica como Bieito XV foi un gran Papa en tempos da primeira guerra mundial que procurou a paz e loitou contra os integristas católicos. E que é esta idea a que o actual papa, Bieito XVI, quixo recoller tomando este nome [1] Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..

Encíclicas

[editar | editar a fonte]

Sucesión apostólica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Sucesión apostólica.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.