Saltar ao contido

León VIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «León VIII»)
Modelo:BiografíaLeón VIII, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Leo PP. VIII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementop. 915 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 965 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
132º Papa
23 de xuño de 964 – 1 de marzo de 965
← Bieito VXoán XIII → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónSiccone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo VIII.
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1615570

León VIII nado en Roma en data non coñecida e finado na mesma cidade o 1 de marzo 965 foi o papa n.º 131 da Igrexa católica de 964 a 965. Elixido papa no sínodo convocado polo emperador Odón I e no que se depuxo Xoán XII , era un laico que recibiu as ordes sagradas o mesmo día da súa elección. O seu pontificado pódese dividir en dúas partes: a primeira, durante na cal certos historiadores o cualifican de antipapa, vai da súa coroación o 6 de decembro 963 ata deposición de Bieito V en xullo 964; a segunda parte vai desta data ata súa morte e neste momento é considerado como papa por todas as fontes.

León VIII, antipapa

[editar | editar a fonte]

Despois da súa elección o seu predecesor Xoán XII fuxiu e levous o tesouro da Igrexa, o que lle permitiu levantar a un exército co cal entrou en Roma en febreiro 964, aproveitando que o emperador Odón I estaba en Alemaña. Coa volta a Roma de Xoán XII, o que se viu obrigado a fuxir foi León VIII, polo tanto non puido estar presente no concilio que o depuxo en tanto que papa e que anulou todas as ordenacións que fixera. Aos poucos días de clausurarse o devandito concilio, Xoán XII falecía; pero isto non supuxo a volta de León VIII ao trono papal, xa que o pobo romano elixiu como sucesor Bieito V. Esta elección motivou o retorno a Roma, en xuño de 964, do emperador Odón I, quen apresou a Bieto V, depúxoo ao rango de diácono o 23 dese mes e exiliouno en Hamburgo; logo puxo de novo na cadeira de San Pedro ao seu protexido León.

Pontificado

[editar | editar a fonte]

Ningún documento existente dá conta do que realizou León VIII durante o seu pontificado. Ao pontificado de Léon VIII atribúenllese tres documentos coñecidos baixo os nomes de Privilegium majus, Privilegium minus e Cessatio donationum, polos cales, entre outras cousas, o papa devolveu a Odón I todas as doazóns que dende Pipino o Breve se fixeran á Igrexa. Admítese xeralmente, non obstante, que a súa autenticidade é dubidosa xa que son producións imperiais falsificadas durante a querela das investiduras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.