Saltar ao contido

Uxío IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUxío IV, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Eugenius PP. IV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1383 Editar o valor en Wikidata
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1447 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSan Salvatore in Lauro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
207º Papa
12 de marzo de 1431 – 23 de febreiro de 1447 (Gregoriano)
← Martiño VNicolao V →
Cardeal
9 de maio de 1408 –
Roman Catholic Bishop of Siena (en) Traducir
30 de decembro de 1407 – 9 de maio de 1408
← Francesco Mormile (pt) TraducirAntonio Casini (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1408–), sacerdote católico, filósofo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGregorio XII Editar o valor en Wikidata
Participou en
2 de marzo de 1431Conclave de 1431 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCondulmer family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisAngelo Condulmer Editar o valor en Wikidata  e Bariola di Niccolò Correr Editar o valor en Wikidata
ParentesGregorio XII, tío
Antonio Correr, curmán entregue
Gregorio Correr, sobriño
Angelo Barbarigo, curmán entregue
Paulo II, sobriño Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Евгений IV)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1284699 WikiTree: Condulmer-1 Find a Grave: 76757687 Editar o valor en Wikidata
Ilustración de Uxío IV.

Uxío IV C.R.S.A., nado en Venecia en 1383 e finado en Roma o 23 de febreiro de 1447, foi o papa n.º 207 da Igrexa católica de 1431 a 1447.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos de vida

[editar | editar a fonte]

De nome Gabriele Condulmer, naceu en Venecia, no seo dunha familia de mercadores adiñeirados. Distribuíu 20.000 ducados aos pobres e dando as costas ao mundo entrou no mosteiro agustiniano de San Xurxo na súa cidade natal.

Xa na Orde dos Cóengos Regulares de San Agostiño xurdiu como unha figura prominente durante o pontificado do seu tío, o Papa Gregorio XII, quen o nomeou bispo de Siena, o que provocou a repulsa da clase política da cidade, contraria ao nomeamento dun bispo estranxeiro de 24 anos. Condulmer renunciou ao posto, converténdose entón no tesoureiro papal do seu tío, Cardeal de San Marcos e San Clemente (Basílicas ambas), e logo cardeal da Basílica de Santa María en Trastevere.

Foille de moita utilidade ao Papa Martiño V, o que o levou a ser rapidamente elixido como o seu sucesor. Foi coroado en Roma o 11 de marzo de 1431. Antes da súa elección asinou un acordo por escrito cos cardeais, no cal se comprometía a distribuírlles a metade das ganancias da Igrexa e, en adición, prometeu consultarlles todo tipo de interrogantes de importancia, tanto espirituais como temporais.

Os tempos eran difíciles. O movemento conciliarista, que proclamaba que o Concilio era superior ao Papa, achábase no seu apoxeo. A insuficiencia das reformas tentadas polo Concilio de Constanza aumentaran o malestar e a insatisfacción. Os hussitas mostrábanse vitoriosos e irredutíbeis. Moitos esperaban a solución destes males do Concilio de Basilea, convocado por Martiño V pouco antes da súa morte. Desde o primeiro até o último día do seu pontificado, Uxío tería fronte a si un Concilio antipapal. O conflito era inevitábel.

Ao tomar a Cadeira Papal, as súas medidas violentas en contra das numerosas relacións establecidas cos Colonna polo seu predecesor, o papa Martiño V (Otón de Colonna), levárono a ter unha seria confrontación con esta poderosa familia de Roma. A confrontación non durou moito, e organizouse unha paz en virtude da cal os Colonna renderían os seus castelos e pagarían unha indemnización.

Pero o feito de maior importancia no pontificado de Uxío foi a gran loita entre o papa e o Concilio de Basilea, parte do histórico movemento Conciliar. O 23 de xullo de 1431, o seu legado deu apertura ao concilio, o cal fora convocado por Martiño V, pero, ao non confiar nos seus propósitos e ao observar a pouca asistencia, o Papa redactou unha bula o 18 de decembro de 1431, disolvendo así o concilio e convocando outro para que se reunise en Boloña 18 meses despois. O concilio fixo fronte a estas expresións prematuras de prerrogativa papal. Nisto tiñan o apoio de todos os poderes seculares e o 15 de febreiro de 1432 reafirmaron a doutrina galicana da superioridade do Concilio sobre o Papa.

En Roma, os inimigos do papa fomentan unha revolución en maio de 1434. Uxío, disfrazado de monxe, escapou polo Tíber cara a Ostia, desde onde os amigábeis florentinos o levaron á súa cidade e o recibiron cunha ovación. Residiu no convento dominicano de Santa María Novella.

A autoridade do Concilio era completamente subversiva da constitución divina da igrexa. Ao abolir todas as fontes dos recursos papais e restrinxir de toda forma posíbel as prerrogativas, trataban de reducir o poder do Pontífice a unha mera sombra.

Uxío publicou (18 de setembro) unha bula na que trasladaba o concilio a Ferrara. Pero o concilio declarou inválida esa bula e ameazou con depor ao papa. Ante esa evidente mostra de hostilidade, os líderes mellor dispostos (como os cardeais Cesarini e Cusa) o abandonaron e foron a Ferrara onde se reuniu o Concilio.

O 25 de xuño de 1439 o diminuído conventículo de Basilea pronunciou a súa deposición. Uxío era acusado de conduta herética respecto ao Concilio xeral. Os seus integrantes, agora reducidos a 1 cardeal e 11 bispos, elixiron a un antipapa, o duque Amadeo de Savoia: Fiz V.

Mentres tanto en Ferrara, o 5 de xullo de 1439 dábase o Decreto de Unión coa igrexa Oriental, o que aumentou moito o prestixio papal. A unión cos gregos foi seguida pola dos armenios, o 22 de novembro, a dos xacobitas en 1443 e dos nestorianos en 1445. Tras unha prolongada e dramática loita, obtivo finalmente a vitoria: O Concilio de Florencia proclamou o primado universal do Romano Pontífice. Uxío tivo o consolo de ver a todo o mundo cristián, polo menos en teoría, obediente á Santa Sé.

Protexeu as congregacións de beneditinos reformados de S. Xustina de Padua e S. Benito de Valladolid, e secundando as reformas dos dominicos, franciscanos e agostiños. Rodeouse de santos: S. Francisca Romana, S. Antonio de Florencia e S. Xoán de Capistrano. Ademais, Uxío fomentou a Reconquista española.

Foi un dos primeiros impulsores do movemento renacentista. Chamou xunto a si aos artistas máis ilustres de Italia e aínda do estranxeiro como Fra Angelico, Pisanello, Foucquet, Donatello e Ghiberti.

En 1441, a petición do arcebispo de Bordeos, o Papa Uxío IV creaba un Studium Generale (teoloxía, dereito, medicina e artes), baixo a autoridade de Pey Berland, que será a orixe da Universidade de Bordeos.

O resto dos seus anos dedicounos a mellorar a triste condición de Roma e á consolidación da súa autoridade espiritual entre as nacións de Europa.

Ten o innegábel mérito de haber inflixido ao conciliarismo un golpe do que xa non se repuxo. Por iso parece acertado o xuízo de P. Moncelle: «Un papa a quen a historia pode contar entre os máis grandes» (DTC, V,1496).

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Lupa Cælestina (Loba celestina) e recollen que antes do seu pontificado foi bispo de Siena, cuxas armas representan unha loba.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.