Saltar ao contido

Gregorio XI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gregorio XI»)
Modelo:BiografíaGregorio XI, papa

(década de 1300) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gregorius PP. XI Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1329 Editar o valor en Wikidata
Rosiers-d'Égletons, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de marzo de 1378 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santa Francesca Romana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
201º Papa
7 de xaneiro de 1371 – 27 de marzo de 1378 (Gregoriano)
← Urbano VUrbano VI → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Perugia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1371 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresBaldo dos Ubaldi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGuy de Boulogne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
29 de decembro de 1370Conclave de 1370 (pt) Traducir
22 de setembro de 1362Conclave de 1362 (pt) Traducir
16 de decembro de 1352Conclave de 1352 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisGuillaume II Roger Editar o valor en Wikidata  e Marie de Chambon Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Gregory XI. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1165968 Find a Grave: 13547841 Editar o valor en Wikidata
Gregorio XI

Gregorio XI, nado coma Pierre Roger de Beaufort en Rosiers-d'Égletons cara a 1336 e finado en Roma o 27 de marzo de 1378, foi o 201º Papa da Igrexa católica entre 1370 e 1378, e sétimo e último Papa do pontificado de Avignon.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Guillaume Roger, conde de Beaufort, e de Marie de Chambon, e sobriño de Clemente VI. Estudou en Perugia, doutorándose en Dereito e Teoloxía. O 28 de maio de 1348, con tan só 18 anos, foi nomeado Cardeal diácono polo seu tío Clemente VI.

Foi elixido Papa por unanimidade o 30 de decembro de 1370, se ben a súa consagración tivo que atrasarse até o 5 de xaneiro do ano seguinte, pois ao non ser sacerdote tivo que tomar as ordes previamente.

No eido político fracasou no intento de reconciliar a Francia e Inglaterra, inmersas na Guerra dos Cen Anos. Pola contra, evitou que Henrique II de Castela, Pedro IV de Aragón e Carlos II de Navarra chegasen ás armas nas súas desputas territoriais mediante varios matrimonios concertados.

Seguindo a mesma política eclesiástica que os seus antecesores, colocou bispos franceses á fronte das dioceses italianas, provocando o rexeitamento popular, o que foi aproveitado por Bernabó Visconti para apoderarse, en 1371, de Reggio e doutros territorios pontificios. Gregorio XI respondeu enviando unha bula de excomuñón a Bernabó, que fixo comer aos legados que lla comunican o pergameo sobre a que estaba escrita.

O Papa declaroulle entón a guerra en 1372, que foi favorable a Bernabó até que Gregorio logrou o apoio do emperador, da raíña de Nápoles, do rei de Hungría e de John Hawkwood, xefe dos mercenarios ingleses que combatían na Guerra dos Cen Anos.

Esta coalición de forzas obrigou a Bernabó a establecer conversas de paz, logrando en 1374 a sinatura dun acordo moi favorable mediante o suborno dos legados pontificios.

A crise en Italia non se solucionou, xa que Gregorio mantivo os bispos franceses en territorio italiano, e os florentinos, temerosos de que isto aumentase o influxo papal na súa zona de influencia, aliáronse con Bernabó Visconti en 1375, provocando innumerables insurreccións nos territorios pontificios.

O Papa respondeu poñendo Florencia baixo un interdito, excomungando os seus habitantes e declarando ilegais as súas posesións. As perdas económicas dos florentinos fixeron que buscasen a intermediación de Catarina de Siena, que viaxou a Avignon para entrevistarse con Gregorio.

Catarina non logrou reconciliar os florentinos co Papa, pero conseguiu convencer a Gregorio XI para que regresase a Roma e fixase alí novamente a sé pontificia.

O 17 de xaneiro de 1377 Gregorio XI regresou a Roma, retorno que non puxo fin ás hostilidades. Pola contra, agraváronse debido aos sucesos de Cesena, nos que o cardeal, e futuro antipapa Clemente VII, ordenou masacrar a poboación soliviantando de tal modo ao pobo romano que o Papa se viu novamente obrigado a saír de Roma e volver a Avignon a finais de maio de 1377.

Volveu novamente a Roma o 7 de novembro, aínda que só a súa morte, o 26 de marzo de 1378, lle impediu o desexado retorno a Avignon, ao sentirse ameazado no seu propio pazo.

Gregorio XI foi o derradeiro Papa do período de Avignon, e até a actualidade o último papa de nacionalidade francesa.

Condenou as doutrinas do reformador inglés John Wycliff.

As profecías de san Malaquías refírense a este papa como Novus de virgine forti (O novo de virxe forte), facendo referencia ao seu título nobiliario de conde de Beaufort e a que foi cardeal de St. Marie la Neuve antes de ser elixido pontífice.