Fiz II, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 440 Roma, Italia |
Morte | 1 de marzo de 492 (51/52 anos) Roma, Italia |
48º Papa | |
14 de marzo de 483 – 3 de xaneiro de 492 (Gregoriano) ← Simplicio – Xelasio I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de febreiro |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Fiz II, finado o 1 de marzo de 492, foi un relixioso romano, Papa n.º 48 da Igrexa católica de 483 a 492.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertenceu á familia senatorial romana dos Anicia. Este aristócrata era fillo dun sacerdote e estivo casado, sendo pai de dous fillos, antes de ser elixido para suceder a Simplicio. A súa familia achegou no futuro outros dous papas, Agapito I e Gregorio I.
Elixido pontífice co apoio do rei xermano Odoacro, o seu primeiro acto foi negar o Henotikon ou "acto de unión", un edicto que o emperador bizantino Zenón promulgara en 482, intentando chegar a unha solución de compromiso entre o monofisismo e a doutrina considerada ortodoxa emanada do Concilio de Calcedonia.
A continuación enviou unha delegación de dous bispos a Constantinopla para intentar convencer ao inspirador do citado edicto, o patriarca Acacio, para que o rexeitase e para que anulase o nomeamento de patriarca de Alexandría, o monofisita Pedro o Notario, quen ocupara a sede patriarcal trala deposición do anterior patriarca, máis próximo aos postulados romanos.
Acacio non só non renunciou á súa doutrina nin anulou o nomeamento, senón que logrou atraer os propios legados pontificios aos seus postulados doutrinais. Fiz II convocou en resposta un concilio que, en 484, excomungou o patriarca Acacio, quen á súa vez respondeu borrando o nome do papa dos dípticos litúrxicos, o que equivalía á excomuñón do pontífice. Iniciouse así o Cisma acaciano, que dividiu a Igrexa durante os seguintes 35 anos.
Malia o enfrontamento con Constantinopla, Fiz chegou a un acordo co emperador Zenón para lograr que os vándalos arianos puxeran fin ás persecucións contra os cristiáns fieis a Roma no norte de África. Xurdiu entón o problema de que tratamento dar aos que se converteran ao arianismo debido a ditas persecucións e agora desexaban volver á ortodoxia. Fiz convocou un sínodo en 487, no que se fixaron as condicións en que se permitía o retorno deses cristiáns á Igrexa romana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiz II, papa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Simplicio |
Papa 483-492 |
Sucesor: Xelasio I |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |