Romano, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Romanus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido ![]() Gallese (pt) ![]() ![]() |
Morte | novembro de 897 ![]() Roma ![]() |
Causa da morte | veleno ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro ![]() |
![]() | |
agosto de 897 – novembro de 897 ← Estevo VII – Teodoro II → ![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | San Romano |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios ![]() |
Ocupación | sacerdote católico , bispo católico ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/fd/Pope_Romanus.jpg)
Romano, nado en Gallese e finado en novembro de 897, foi o Papa n.º 114 da Igrexa católica en 897.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era irmán de Mariño I, nados en Gallese, unha cidade do Lacio preto de Civita Castellana. Cardeal de San Pedro in Vincoli, foi elixido papa a finais de agosto de 897, probablemente polo partido alemán.
Durante o seu breve pontificado de catro meses comezou a traballar na anulación de todas as disposicións do seu antecesor, Estevo VI, labor continuada polo seu sucesor Teodoro II.
Incluíu as illas de Mallorca e Menorca na diocese de Xirona, se ben o documento no que se recolle esta disposición é apócrifo.
Algúns historiadores apuntan que puido ser destronado e obrigado a recluírse nun mosteiro. Finou en novembro de 897, non se sabe se por morte natural ou envelenado.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |