Ceferino, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Zephyrinus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Roma (Imperio Romano) |
Morte | 20 de decembro de 217 Roma (Imperio Romano) |
15º Papa | |
199 – 20 de decembro de 217 ← Vítor I – Calisto I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de agosto |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Ceferino, chamado logo san Ceferino, nado en Roma e morto na mesma cidade o 20 de decembro de 217, foi bispo cristián de Roma entre o 199 e a data da súa morte.
Vida e pontificado
[editar | editar a fonte]Aínda que non se teñen grandes detalles da vida de san Ceferino, coñécense bastante ben dous aspectos cruciais do seu pontificado. En primeiro lugar, que a represión e persecución romana contra o cristianismo, que acalmara nos tempos de Cómodo e nos primeiros anos de Septimio Severo, coñeceu unha forte repunta, se ben non se coñecen as cifras e incidencia reais desta campaña[1]. Esta persecución minguou con Caracalla e recruou con Macrino.
A outra gran chave do pontificado é a discrepancia pública do crego Hipólito a respecto da cuestión da ensinanza da figura de Cristo. Esta disputa agravaríase durante o pontificado de Calisto I, que foi diácono de Ceferino, o seu principal conselleiro e o seu guía teolóxico. Precisamente, un dos problemas á hora de achegarse á vida de Ceferino é que a principal fonte bibliográfica son os Philosophymena escritos por Hipólito, e onde se nos presenta un papa incapaz, ignorante e iracundo.
A estas polémicas, e aos movementos gnósticos e montanistas anteriores, houbo que sumarlle a discrepancia de Sabelio de Libia, que opinaba que a Trindade non estaba formada por un único deus e tres persoas distintas. Podería ser incluso que, sen respaldala completamente, esta fose a opinión defendida polo papa para enfrontarse ao montanismo.
Crese que foi no tempo de Ceferino cando se introduciron de cálices de vidro na cerimonia da consagración, en substitución dos de madeira. Ceferino é o responsábel das obras das catacumbas da vía Apia, onde foron soterrados a maior parte dos papas desta época, empezando por el mesmo.
Morte e santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 26 de agosto.
Parroquias en Galicia
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Ceferino.
Notas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |