Cómodo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Lucius Aelius Aurelius Commodus ![]() 31 de agosto de 161 ![]() Lanuvium, Italia (en) ![]() ![]() |
Morte | 31 de decembro de 192 ![]() Roma, Italia ![]() |
Causa da morte | homicidio, estrangulamento ![]() |
Lugar de sepultura | Castelo de Sant'Angelo ![]() |
![]() | |
177 – 31 de decembro de 192 ← Marco Aurelio – Pertinax → | |
Senador romano | |
Cónsul romano | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Antiga ![]() |
Ocupación | gobernante ![]() |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Cinco bos emperadores e principado ![]() |
Outro | |
Título | Augusto (título) ![]() |
Familia | Dinastia nerva-antonina (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Brútia Crispina (178–) ![]() |
Parella | Marcia ![]() |
Pais | Marco Aurelio ![]() ![]() |
Irmáns | Marco Ânio Vero César Annia Aurelia Galeria Faustina Víbia Aurélia Sabina Fadila Lucila Ânia Cornifícia Faustina Menor Titus Aurelius Fulvus Antoninus Domitia Faustina ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica Enciclopedia de Otto Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Marcus Aurelius Commodus Antoninus, máis vulgarmente chamado Cómodo, nado en Lanuvio o 31 de agosto do 161 e finado en Roma o 31 de decembro do 192,[1] foi un emperador romano que gobernou de 180 a 192.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Marco Aurelio e de Faustina a Nova e foi o primeiro emperador, nunha serie de cinco, en ascender ao poder por lazos de sangue e non por adopción. A Cómodo sorprendeuno a morte do seu pai mentres completaba a submisión dos cuados. Firmou apresuradamente a paz cos cuados, marcomanos e buros e volveu a Roma. Este emperador era a antítese de Marco Aurelio. Cruel, caprichoso, corrupto e apaixonado dos combates dos gladiadores, nos que el mesmo participaba, ergueu as iras do Senado, alleouse do apoio do exército e non tardaron en se urdir conspiracións para o apartar do poder.
A estabilidade que oferecía o mecanismo sucesorio, e que tan bos resultados dera nos anos anteriores, entrou en crise. Estalaron motíns nas provincias e na mesma Roma, neste último caso pola carestía das subsistencias, e que se atribuíron aos manexos especulativos de Cleandro, favorito do emperador.
O sistema estaba canso, o que se traducía nunha progresiva ineficacia, e non sería xusto dicir que toda a responsabilidade era de Cómodo, pero non é menos certo que a súa desastrosa actuación agravou unhas condicións que terían necesitado dun gobernante enérxico, capaz e honrado para lle poñer freo.
Os derradeiros anos de Cómodo foron un auténtico delirio de extravagancias e crueldades da mais impúdica exhibición, dunha megalomanía que parecía non ter límites. O emperador presentouse como un deus e obrigou a adoptar o adxectivo de "comodiano" para designar todas as institucións. Incluso parece que pretendeu trocar o nome de Roma. Tramáronse numerosas conspiracións contra el mesmo, que eliminou con numerosas execucións nas que foron vítimas familiares e colaboradores. Nunha delas, tramada pola súa concubina Marcia, foi asasinado por un gladiador.
Tras o seu asasinato, o Senado votou a damniato memoriae, isto é, a condena da súa lembranza, polo que o seu nome foi borrado e omitido, e todos os seus decretos e disposicións, anulados.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]As películas A caída do Imperio Romano (1964) e Gladiator (2000) están baseadas parcialmente na vida de Cómodo, mais débese ter cautela na rigorosidade histórica das mesmas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campbell (2007), p.1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campbell, Brian (2007). "The Severan Dinasty". En Bowman, Alan K.; Garnsey, Peter; Cameron, Averil. The Cambridge Ancient History (Vol. XII: The Crisis of Empire, a.d. 193–337) (PDF) (en inglés) (2ª ed.). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. pp. 1–27. ISBN 978-0-521-30199-2.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Marco Aurelio |
Cómodo | Precede a: Pertinax |
Dinastía dos Antoninos |