Castelo de Sant'Angelo
Coordenadas: 41°54′11″N 12°27′59″L / 41.903064, 12.466355
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/Engelsburg_und_Engelsbr%C3%BCcke_abends_%28Zuschnitt%29.jpg/250px-Engelsburg_und_Engelsbr%C3%BCcke_abends_%28Zuschnitt%29.jpg)
O Mausoleo de Hadriano, máis coñecido como Castelo de Sant'Angelo (en italiano: Castel Sant'Angelo) é un edificio en forma de torre cilíndrica que se ergue no Parco Adriano, na cidade de Roma, a pouca distancia da Cidade do Vaticano.[1] Nun principio foi encargado polo emperador romano Hadriano como un mausoleo para el e a súa familia. O edificio foi posteriormente empregado polos papas como fortaleza e castelo, e no presente é un museo. O castelo foi outrora o máis alto edificio de Roma.
Comezado polo emperador Hadriano no ano 135 para ser o seu mausoleo persoal e familiar, foi rematado por Antonino Pío en 139. O monumento, erguido con pedra de travertino, estaba engalanado no seu punto máis alto por unha cuadriga en bronce guiada polo emperador Hadriano. O edificio cambiou de uso moi axiña e converteuse nun edificio militar. Integrouse á Muralla Aureliana en 403.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Mole_Adrianorum.jpg/220px-Mole_Adrianorum.jpg)
O actual nome do castelo data do ano 590, durante unha gran epidemia de peste que golpeou a cidade de Roma. O papa da época, Gregorio I, viu ó Arcanxo Miguel sobre o cumio do castelo que envainaba a súa espada significando a fin da epidemia. Para conmemorar a aparición, a estatua dun anxo coroa o edificio (primeiro unha estatua en mármore de Raffaello da Montelupo, e dende 1753 unha de bronce de Pierre van Verschaffelt sobre un debuxo de Bernini).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Angel_Castel_Sant%27Angelo.jpg/220px-Angel_Castel_Sant%27Angelo.jpg)
Dende 1277, o castelo está conectado coa Cidade do Vaticano por un corredor fortificado, chamado Passetto, duns 800 metros de lonxitude. A fortaleza foi o refuxio do Papa Clemente VII durante o asedio e saqueo de Roma no ano 1527, que levaron a cabo as tropas do rei Carlos I de España, emperador Sacro Imperio Romano Xermánico.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "castell Sant’Angelo". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Sant'Angelo ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. (en italiano)