Lucio II, papa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI Boloña, Italia |
Morte | 15 de febreiro de 1145 Roma, Italia |
166º Papa | |
16 de marzo de 1144 – 15 de febreiro de 1145 ← Celestino II – Uxío III → | |
Cardeal | |
decembro de 1122 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1144–), escritor, sacerdote católico, bibliotecario |
Orde relixiosa | Ordem de Santo Agostinho (pt) |
Consagración | Albéric d'Ostie (pt) |
Participou en | |
26 de setembro de 1143 | 1143 papal election (en) |
14 de febreiro de 1130 | Eleição papal de 1130 (pt) |
12 de decembro de 1124 | 1124 papal election (en) |
Descrito pola fonte | Cyclopaedia of Biblical, Theological and Ecclesiastical Literature (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Lucio II, nado co nome de Gerardo Caccianemici dall Orso en Bologna e finado en Roma o 15 de febreiro de 1145, foi Papa da Igrexa católica de 1144 a 1145.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gerardo Caccianemici foi consagrado papa o 12 de marzo de 1144. Antes da súa elección foi cóengo en Boloña, ata ser nomeado cardeal da Santa Cruz de Xerusalén por Honorio II, para quen ocupou nun primeiro momento o cargo de tesoureiro e despois o de legado papal en Alemaña, cargo que tamén desempeñou baixo o pontificado de Inocencio II logrando que o rei Lotario III de Saxonia enviase dúas expedicións a Italia en apoio ao papa no seu enfrontamento co antipapa Anacleto II.
O feito máis relevante do seu curto pontificado foi o enfrontamento co movemento comunal encabezado por Arnaldo de Brescia que pretendía que o poder civil de Roma pasase do papa ao pobo romano e que tiña entre as súas medidas a recuperación do antigo lema Senatus Populusque Romanus (SPQR) tanto nos edificios coma nas moedas.
Temeroso deste recorte dos seus poderes, Lucio II decide disolver o Senado, o que provoca unha revolta popular encabezada por Giordano Pierleone, irmán do antipapa Anacleto II, que nomeándose patricio constitúe un novo Senado no Capitolio.
Lucio II solicita, en van, axuda ao emperador Conrado III polo que decide enfrontarse só, cun pequeno exército, contra o poder do Senado. No asalto ao Capitolio foi alcanzado por unha pedra que lle provocará a morte o 15 de febreiro de 1145.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |