Nicolao III, papa
(década de 1200, San Lorenzo in Palatio ad Sancta Sanctorum (pt) ) | |
Nome orixinal | (la) Nicolaus PP. III |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 1210 Roma, Italia |
Morte | 22 de agosto de 1280 (55/65 anos) Viterbo, Italia |
Lugar de sepultura | Grutas vaticanas |
188º Papa | |
2 de decembro de 1277 – 22 de agosto de 1280 (Gregoriano) ← Xoán XXI – Martiño IV → | |
Archpriest of St. Peter's Basilica, Vatican City (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1277–), sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Participou en | |
2 de xullo de 1276 | Conclave de julho de 1276 (pt) |
Familia | |
Familia | Casa de Orsini |
Pais | Matteo Rosso Orsini, Lord of Mugnano, Monterorondo, Galeria and San Angelo e Gemma di Monticelli |
Irmáns | Giordano Orsini Bertoldo Orsini |
Parentes | Francesco Napoleone Orsini, sobriño |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) Biblioteca dixital BEIC |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nicolao III (Giovanni Gaetano Orsini) naceu en Roma entre 1210 e 1220; faleceu en Soriano, cerca de Viterbo, o 22 de agosto de 1280, probablemente dun ataque de apoplexía.
Foi papa entre 1277 e 1280. Era membro da poderosa familia dos Orsini. Foi o primeiro papa que viviu regularmente en Roma, onde estableceu a residencia pontifical. Ténselle reprochado o seu nepotismo.
Pontificado
[editar | editar a fonte]Nicolao III sucedeu ao papa Xoán XXI, en boa medida grazas á influencia da súa familia, despois dun período de seis meses nos que a Santa Sé estivera vacante. O seu breve pontificado estivo marcado por algúns acontecementos importantes. Político nato, reforzou notablemente a posición papal en Italia. Concluíu un concordato con Rodolfo I de Habsburgo, en maio do 1278, polo cal a Romaña e máis o Exarcado de Rávena foron concedidos ao papa; mentres, en xullo, promulgou unha constitución para o goberno de Roma, que faría época, pois nela vetábase aos estranxeiros a asunción de cargos civís. Nicolao III publicou a bula Exiit qui seminat, o 14 de agosto de 1279, para acalmar as contendas internas entre os franciscanos, divididos entre partidarios da observanza estrita e da laxa. Fixo reparar os pazos do Laterano e o do Vaticano, cun custoso prezo, e fixo erixir unha linda residencia de campo en Soriano, nos arredores de Viterbo. Aínda que era home de estudos, posuía un carácter forte, máis é tamén criticado por ter buscado principados para os seus sobriños e outros parentes.
Dante, na Divina Comedia, no canto dedicado ao Inferno, colocou a Nicolao III na parte reservada aos simoníacos.
Corresponde a « Rosa composita » na profecía de San Malaquías.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |