Cosmede
Aparencia
Cosmede[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o grego Κοσμάς, "adornado". Foi un nome moi común en Galicia e de feito, San Cosme é patrón de moitos lugares e parroquias. En galego ten as variantes Cosme e Cosmade.[1]
En xaneiro de 2023 existían 153 varóns en Galicia co nome Cosme, cunha media de idade de 28,6 anos.[2] Non hai persoas rexistradas coas variantes Cosmede ou Cosmade.
Santoral
[editar | editar a fonte]26 de setembro: San Cosmede, médico mártir en Siria (286).
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Lingua alemá | Cosmas, Kosmas |
Lingua catalá | Cosme |
Lingua checa | Kosma |
Lingua corsa | Cosimu |
Lingua croata | Kuzma |
Lingua española | Cosme |
Éuscaro | Kosma |
Lingua francesa | Côme |
Lingua galega | Cosme |
Lingua grega | Κοσμάς (Kosmás) |
Lingua neerlandesa | Cosmas |
Lingua húngara | Kozma |
Lingua inglesa | Cosmas, Cosmo |
Lingua islandesa | Kosmas |
Lingua italiana | Cosma, Cosimo |
Lingua latina | Cosmas |
Lingua norueguesa | Kosmas |
Lingua polonesa | Kosma |
Lingua portuguesa | Cosme |
Lingua romanesa | Cosmin |
Lingua rusa | Кузьма (Kuz'ma) |
Lingua sarda | Còsimu |
Lingua serbia | Козма (Kozma) |
Lingua sueca | Kosmas |
Lingua ucraína | Кузьма (Kuz'ma) |
Persoas
[editar | editar a fonte]- Cosme e Damián, (do grego Κοσμάς e Δαμιανός) médicos e irmáns, mártires e patróns dos nenos, os cirurxiáns, farmacéuticos, médicos e traballadores dos balnearios. Foron torturados, queimados vivos, e como sobreviviron foron decapitados por orde de Diocleciano contra o ano 300 d. C. A súa festa celébrase o 26 de setembro.
Galegos
[editar | editar a fonte]- Cosme Pombo, O Incio, 1956, político nacionalista galego.
- Cosme Vázquez, Mondariz, 1904, foi un futbolista galego.
- Cosme López Rodríguez, Óutara (A Pobra do Brollón), 1915, foi un mestre e político galego.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.
- Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7.
- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.