Ambulancia (novela)
Ambulancia | |
---|---|
Título orixinal | Ambulancia |
Autor/a | Suso de Toro |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Negra |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | maio 1990 |
Formato | edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 120 |
ISBN | 84-7507-463-4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ambulancia é unha novela negra de Suso de Toro publicada en 1990 inicialmente na serie Negra de Xerais, e reeditada posteriormente na serie Narrativa.
Trama
[editar | editar a fonte]A obra narra as vivencias polo Ensanche de Santiago de Compostela de Petete e Pequeno, dous delincuentes de pouca monta, ao día seguinte de saíren do cárcere de Monterroso.
A acción comeza in medias res, cos personaxes fuxindo logo de atracaren unha gasolineira e deixar malferido ao empregado da mesma. Ao amencer, aparcan na rúa da Rosa tras roubaren uns croissants e unha bolsa de leite, e logo de almorzaren, quedan durmidos.
Petete vai a unha farmacia próxima a por analxésicos, pois ten unha forte dor nun pé. Ao volver ao coche ve ao que cre un policía falando con Pequeno, polo que decide escapar. Xa noutra rúa, cando a policía vai falar con el, foxe nunha moto. Na praza Roxa pide axuda a un contrabandista de tabaco co que traballara, pero este intenta enganalo para que o colla a policía. Petete escapa de novo e atópase con Pequeno, e cando os dous van escapar, teñen un altercado coa policía e son detidos de novo.
Narración
[editar | editar a fonte]A acción principal altérnase en prolepses e analepses con accións secundarias, como Petete traballando nunha barra americana (onde se atopa co policía que mancara) e o propio policía matando a ex-amante do contrabandista.
Ambientado en Santiago de Compostela, amosa a cultura urbana da mocidade galega desa época, onde a necesidade de adquirir heroína era motivo de delincuencia.
A narración é maioritariamente en terceira persoa, alternando coa narración en primeira persoa do dono da barra americana que lle deu traballo.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ao castelán polo propio autor co título de Ambulancia publicado en 2002 por Ediciones B, Col. Ficcionario[1].
- Ao grego por Konstantinos Palaiologos co título de Asthenoforo publicado en 2003 por Ekdoseis tou Eikostou Prōtou[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Toro, Suso de (2004). Suso de Toro: Když se tahá revolver (en checo). Baronet Publishers. ISBN 978-80-7214-650-5.