Saltar ao contido

Ameixa (froito)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ameixas amarelas nunha ameixeira en Lugo

A ameixa ou cirola é o froito da ameixeira (Prunus domestica var. domestica). É unha froita de pela lisa e polpa consistente apegada á carabuña, que contén zume doce. Pódese comer en crua, pero tamén serve para preparar marmeladas ou zumes, ou fermentar para facer viño de ameixa, do que se obtén un brandy, coñecido na Europa do Leste como Slivovitz. É un froito popular en Galiza.

Botanicamente é unha drupa, é dicir, un froito carnoso cunha única semente arrodeada dun endocarpo lígneo (o croio ou carabuña).

Tipoloxía de ameixas

[editar | editar a fonte]

Denominacións galegas

[editar | editar a fonte]

O froito da ameixeira denomínase normalmente ameixa ou cirola, dependendo da zona. Existen algunhas variedades tradicionais:

  • Fatón, froito do fatoeiro, normalmente ameixas alongadas e amarelas[1].
  • Claudia ou ambruíña, froito da claudieira, unha variedade doce e verde[2].
  • Mirabel, froito do mirabeleiro, ameixiña doce que se cultiva nalgúns lugares do sur da provincia de Pontevedra.
  • Abruño ou ameixa brava, froito do abruñeiro ou escambrón. É en realidade outra especie: Prunus spinosa.
  • Cerollo, froito bravo do cerolleiro, un tipo de abruño de sabor doce[3].

Denominación científica

[editar | editar a fonte]

Existen ameixas de moitas variedades, tanto de cor como de tamaños. Unhas teñen a polpa (parte comestíbel) máis firme ca outras. A pela pode ser verde, amarela, avermellada, púrpura ou negro-azulada. Algúns tipos teñen a polpa de cor amarela, branca, verde, avermellada ou púrpura.

Entre as especies e variedades atópanse:

Outras especies relacionadas:

Algunhas das variedades de ameixas máis comúns inclúen:

  • ameixa damasquina
  • claudia
  • mirabel
  • Satsuma
  • Golden oi yellowgage.
Tres mirabeis enteiros e dúas metades, Prunus domestica var. syriaca

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Polo seu contido en sorbitol ten efecto laxante. É por iso, que nalgunhas ocasións non é recomendado comeras en exceso. Algúns médicos recoméndanas para "limpar" o estómago. Tamén é un bo remedio para enfermidades.

Valor nutricional

[editar | editar a fonte]

Ameixas crúas:

kJ=192

proteínas=0.7 g

graxas=0.28 g

carbohidratos=11.42 g

fibra=1.4 g

azucres=9.92 g

calcio_mg=6

ferro_mg=0.17

magnesio_mg=7

fósforo_mg=16

potasio_mg=157

sodio_mg=0

cinc_mg=0.1

manganeso_mg=0.052

vitC_mg=9.5 vitB1_mg=0.028 vitB2_mg=0.026 vitB3_mg=0.417 vitB5_mg=0.135 vitB6_mg=0.029 vitB9_ug=5 vitA_ug=17 betacaroteno_ug=190 lutein_ug=73 vitE_mg=0.26 vitK_ug=6.4

fonte_usda=09279

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991.
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fatoeiro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para claudia.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerollo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]