Saltar ao contido

Among the Living

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Among the Living
Álbum de Anthrax
Publicado16 de marzo de 1987
Gravaciónoutubro - decembro de 1986
Estudio(s)Quadradial, Miami, Florida
Compass Point, Nassau, Bahamas
Duración50:23
Xénero(s)thrash metal
Selo(s)Megaforce Records, Island Records
Producido porAnthrax, Eddie Kramer
Cronoloxía
Spreading the Disease
(1985)
Among the Living State of Euphoria
(1988)

Among the Living é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de heavy metal Anthrax, publicado o 16 de marzo de 1987 a través do selo Megaforce Records nos Estados Unidos e de Island Records no resto do mundo. O álbum está dedicado a Cliff Burton de Metallica, que morreu nun accidente de autobús seis meses antes do seu lanzamento cando Metallica estaba de xira con Anthrax como abreconcertos.

O veterano enxeñeiro Eddie Kramer, na súa primeira aventura cun grupo de thrash metal, coproduciu o álbum. A gravación transcorreu sen problemas, pero as diferentes visións sobre o son do lanzamento final crearon desacordos entre Anthrax e o produtor durante a mestura do disco.

Os membros de Anthrax describiron o álbum como o seu gran descubrimento, xa que marcou a progresión da banda tocando en pequenos clubs a tocar en grandes estadios. O álbum foi aclamado pola crítica e promoveu a banda entre os "Big Four" do thrash metal. Among the Living foi certificado ouro pola RIAA o 31 de xullo de 1990, endo o segundo disco da banda en conseguir este fito.[1]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Anthrax, agás "I Am the Law" e "Imitation of Life" por Anthrax e Danny Lilker

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Among the Living"   5:16
2. "Caught in a Mosh"   4:59
3. "I Am the Law"   5:57
4. "Efilnikufesin (N.F.L.)"   4:54
5. "A Skeleton in the Closet"   5:32
Cara 2
N.º Título Duración
6. "Indians"   5:40
7. "One World"   5:56
8. "A.D.I./Horror of It All"   7:49
9. "Imitation of Life"   4:10
  1. "Gold & Platinum". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-08-28.