Amor vedado
Amor vedado | |
---|---|
Andrés Gaos en 1926. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 1 acto en 7 escenas |
Idioma orixinal do libreto | Castelán |
Libretista | Andrés Gaos |
Estrea | 8 de outubro de 2009 |
Teatro da estrea | Palacio da Ópera |
Lugar da estrea | A Coruña |
Música | |
Compositor | Andrés Gaos |
Amor vedado, ópera argentina en un acto en siete escenas (en galego Amor vedado, ópera arxentina nun acto en sete escenas) é a única ópera do compositor galego Andrés Gaos. Trátase dunha ópera nun acto dividido en sete escenas con letra e música do propio compositor. A súa estrea tivo lugar no Palacio da Ópera da Coruña o 8 de outubro de 2009.
Historia
[editar | editar a fonte]A ópera foi composta en torno a 1915, cando Gaos residía na cidade arxentina de Buenos Aires.[1] A pesar de que o propio compositor a considerou unha das súas mellores obras, ningún teatro lírico na época se interesou pola ópera,[2] que permaneceu case un século esquecida ata que foi recuperada polo compositor e musicólogo galego Joam Trillo.[3]
A súa estrea non tivo lugar ata 50 anos despois da morte do compositor, cando con motivo do ano Gaos, a Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Víctor Pablo Pérez e as voces de Marta Matheu (soprano), o Albert Montserrat (tenor) e José Antonio López (barítono) xunto co Coro da OSG baixo a dirección de Joan Company, estreou a ópera no escenario Palacio da Ópera da Coruña.[4]
Características
[editar | editar a fonte]Musicalmente, a única ópera de Gaos está composta para tenor, soprano, barítono, corpo de baile, coro mixto, banda militar e orquestra e estrutúrase sobre o folclore arxentino. A obra, escrita nun acto, está dividida en sete escenas, das cales a primeira delas ("Baile") e a sexta ("Tormenta") son exclusivamente orquestrais. A primeira escena desplega un corpo de baile con típicas vestimentas gauchas. Na penúltima escena anticípase o tráxico desenlace da obra, no que un desgarrador dúo da soprano e o tenor sela o destino dos protagonistas.[5] Destaca a gran dificultade das partes solistas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Síntesis Biográfica". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2013.
- ↑ La Orquesta Sinfónica de Galicia estrena en A Coruña la ópera 'Amor vedado', del gallego Andrés Gaos en Europa Press
- ↑ 3,0 3,1 La Sinfónica comienza el Año Gaos con el estreno de 'Amor vedado' en El País
- ↑ A Sinfónica estrea hoxe "Amor vedado" de Andrés Gaos Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. en Galicia Hoxe
- ↑ "Prólogo de la Biografía". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web sobre Andrés Gaos (en castelán) (en inglés)
- Etractos da ópera en YouTube