Amos Eaton
Gravado de Amos Eaton en The Plant World, Vol. 1, nº 2, 1897 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1776 Chatham, Nova York |
Morte | 10 de maio de 1842 Troy, Nova York |
Lugar de sepultura | Oakwood Cemetery, Troy |
Residencia | Estados Unidos de América |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Williams College, Universidade Yale |
Director de tese | Benjamin Silliman (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | avogado, botánico, docente, xeólogo |
Empregador | Instituto Politécnico Rensselaer |
Profesores | Benjamin Silliman (pt) |
Alumnos | Douglass Houghton (pt) |
Obra | |
Doutorando | James Hall |
Abreviación dun autor en botánica | Eaton |
Familia | |
Cónxuxe | Polly Thomas (en 1799; falecida en 1803).[1] Sally Cady (en 1803; falecida en 1816).[2] Anna Bradley (en 1816; falecida en 1826).[3] Alice Johnson (en 1827; falecida en 1846).[4] |
Fillos | doce.[5] |
Pai | Abel Eaton |
Amos Eaton, nado o 17 de maio de 1776 na parroquia de New Concord (hoxe Chatham), no Estado de Nova York, e finado o 10 de maio de 1842, en Troy, Estado de Nova York, foi un naturalista e educador, que está considerado como o fundador da prospección científica moderna en educación, o que produciu un cambio radical da tradición das artes liberais estadounidenses.[6][7]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Amos Eaton pertencía a unha familia que remonta a súa liñaxe a John Eaton, que chegou de Dover, Inglaterra en 1635, e se instalou dous anos máis tarde en Dedham, na Massachusetts Bay Colony (Colonia da Baía de Massachusetts). Seu pai, o capitán Abel Eaton, era un agricultor acomiodado. Amos Eaton mostrou unha preferencia temperá pola natureza, e á idade de dezaseis anos construíu a súa propia búsola para estudar a Terra.
Eaton estudou no Williams College, graduándose en 1799, e pasou a estudar Dereito en Nova York, sendo admitido no Colexio de Avogados en 1802. Exerceu como avogado en Catskill, Nova York, até 1810, cando foi encadeado baixo cargos de falsificación. Pasou cinco anos en prisión, onde estudou Botánica e Xeoloxía, e foi titor dos fillos do persoal penitenciario. Nesta época, Eaton asistiu durante un ano á Universidade Yale, onde estudou Botánica, Química e Mineraloxía.
Retornou cun contrato ao Williams College, onde ensinou Zooloxía, Botánica e Xeoloxía, e publicou un Dicionario botánico.
En 1817 publicou o seu Manual of Botany for the Northern States, de 672 páxinas, que foi a primeira flora desta zona, e da que se fixeron oito edicións.
Retornou a Nova York en 1817, onde DeWitt Clinton propúxolle dar unha serie de conferencias na Lexislatura do Estado de Nova York sobre a xeoloxía do Estado, en conexión coa construción do canal de Erie. Entre os lexisladores que escoitaron as súas conferencias estaba Stephen Van Rensselaer III, dono dos extensos territorios de Rensselaerwycken no Estado de Nova York, quen, en 1820, contratouno para publicar o Estudio xeológico do condado de Albany, que foi seguido por outras prospeccións xeológicas en moitas partes da área por onde o canal se construiría. Eaton completaría un estudo duna sección de 90 km de ancho entre Buffalo e Boston.
Eaton pronunciou charlas na Academia Lenox e na Facultade de Medicina de Castleton, Vermont, onde foi nomeado profesor de Historia Natural en 1820. Deu conferencias e instrucións prácticas en Troy, sentando as bases do seu Liceo de Historia Natural como resultado do seu traballo. Entre 1820 e 1821, Eaton iniciou estudos xeológicos e agrícolas nos condados de Albany e Rensselaer a expensas de Van Rensselaer. Os esforzos de Eaton levaron a Troy unha extensa colección de espécimes xeolóxicos e estudos exhaustivos de terras.
En 1824 Eaton cofundou a Rensselaer School (antecesora do actual Instituto Politécnico Rensselaer) con Stephen van Rensselaer III "na aplicación da ciencia aos propósitos comúns da vida".[7][8]
Os seus primeiros libros, no século XVIII, foron dos primeiros publicados nos que se intentou dar un tratamento sistemático dos Estados Unidos nunha linguaxe que todos puideran ler.[9]
O seu laboratorio de ensino da botánica na década de 1820 foi o primeiro deste tipo no país.[10][11][12][13]
As conferencias e os escritos populares de Eaton inspiraron a numerosos pensadores, en particular mulleres, ás que animou a asistir ás súas charlas públicas sobre filosofía experimental.[14]
Eaton ocupou o posto de senior professor en Rensselaer até a súa morte en 1842.[14][15]
Algunhas publicaciones
[editar | editar a fonte]- Art without Science 1800
- Elementary Treatise on Botany 1810
- Botanical Dictionary 1817 (2ª ed. 1819, 4ª ed. 1836)
- Manual of Botany 1817
- Index to the Geology of the Northern States 1818
- Geological and Agricultural Survey of the County of Albany, New York 1820
- Chemical Notebook 1821
- Chemical Instructor 1822
- Cuvier's Grand Division 1822
- Geological Nomenclature of North America 1822
- Zoological Syllabus and Notebook 1822
- Geological and Agricultural Survey of the District adjoining the Erie Canal 1824
- Philosophical Instructor 1824
- Botanical Exercises 1825
- Botanical Grammar and Dictionary 1828
- Geological Text-Books Prepared for Popular Lectures on North American Geology 1830
- Directions for Surveying and Engineering 1838
- Chemical instructor: presenting a familiar method of teaching the chemical principles and operations of the most practical utility to farmers, mechanics, housekeepers and physicians; and most interesting to clergymen and lawyers. Intended for schools and the popular class-room. V. 5 de Harvard science and math textbooks preservation microfilm project. 2ª edición de Websters and Skinners, 231 pp., 1826
Abreviatura
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Eaton emprégase para recoñecer a Amos Eaton como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ballard, Harlan Hoge 1897, p. 195.
- ↑ Ballard, Harlan Hoge 1897, p. 196.
- ↑ Ballard, Harlan Hoge 1897, p. 198.
- ↑ Ballard, Harlan Hoge 1897, p. 226.
- ↑ Ballard, Harlan Hoge 1897.
- ↑ Reynolds, Terry S. (1992). "The Education of Engineers in America before the Morrill Act of 1862". History of Education Quarterly 32 (4): 459–482. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 Gillett, Margaret (1962). "Discovery of an Unlost Letter: The Beginning of an Epoch in American Higher Education". J. of Higher Education (Ohio State University Press) 33 (4): 200–206. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ Ricketts, Palmer C. (1914). History of Rensselaer Polytechnic Institute: 1824-1914. New York: J. Wiley & Sons. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ Youmans, William Jay (1896). Pioneers of Science in America: Sketches of Their Lives and Scientific Work. New York: D. Appleton and Company. Consultado o 31de xullo de 2020.
- ↑ Smallwood, William Martin (1937). "Amos Eaton, Naturalist". New York History 18 (2): 167–188. JSTOR 23134798.
- ↑ Good, H. G. (1941). "Amos Eaton (1776-1842)". Scientific Monthly 53: 464–469.
- ↑ McAllister, E. M. (1941). Amos Eaton: Scientist and Educator (1776-1842). Philadelphia, PA: University of Pennsylvania Press.
- ↑ Rezneck, S. (1971). In Charles Coulston Gillispie [ed.], Dictionary of Scientific Biography, volume 4. NY: Scribner & Sons.
- ↑ 14,0 14,1 Rudolph, Emanuel (1996). "History of the Botanical Teaching Laboratory in the United States". American Journal of Botany 83 (5): 661–671. JSTOR 2445926. doi:10.2307/2445926.
- ↑ Rensselaer Polytechnic Institute (1887). Biographical Record of the Officers and Graduates of the Rensselaer Polytechnic Institute, 1824-1886. Troy, NY: W.H. Young. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ Eaton no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amos Eaton |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amos Eaton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ballard, Harlan Hoge (1897): Amos Eaton. Pittsfield, Massachusetts: Press of the Sun Printing Company.
- "Amos Eaton Papers, 1797-1846 (finding aid)". New York State Library Website. New York State Library. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- Spanagel, David I. (2014): DeWitt Clinton and Amos Eaton: Geology and Power in Early New York. Johns Hopkins University Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 31 de xullo de 2020 en Wayback Machine.
- An index to the geology of the northern states (1818) Arquivado 31 de xullo de 2020 en Wayback Machine. - facsímile dixital da biblioteca Linda Hall.