Saltar ao contido

Amparo Alonso Betanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmparo Alonso Betanzos

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCulleredo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - enxeñaría química
Augusta University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIntelixencia artificial e Informática Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninformática teórica, investigador en intelixencia artificial, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña, profesora (2002–)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosSantiago e Alberto [1] Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: amparo.alonso.Betanzos Twitter: AmparoAlonsoB BNE: XX1339891 BUSC: alonso-betanzos-amparo-1961 Dialnet: 1658940 Editar o valor en Wikidata

Amparo Alonso Betanzos, nada en Vigo o 10 de outubro de 1961,[1] é unha informática galega, catedrática de Universidade e investigadora en intelixencia artificial.

Durante o bienio 2016-2017 foi a presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial,[2] e é a coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Alonso Betanzos licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e é doutora en Física.[1] Tamén cursou estudos na Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.[3]

Chegou á tecnoloxía en informática (TIC) a través da aplicación de datos.

Desenvolveu a súa tese de Licenciatura en informática biomédica, estudando a aplicación de técnicas informáticas en campos relacionados coa medicina e a clínica, e máis concretamente na monitorización antenatal. Interesoulle este tema porque estaba relacionado coas mulleres (botaba de menos a perspectiva de xénero na carreira universitaria), porque era un campo de investigación moi novidoso e porque era unha área de estudo interdisciplinar con profesionais doutras ramas. Seguiu posteriormente investigando en informática clínica.[4]

Foille concedida unha bolsa de estudos na 16ª edición internacional do Programa L'Oréal-UNESCO For Women in Science, converténdose na terceira española nos 17 anos deste programa.[1][4][5]

En 1988 realizou un posdoutorado no Medical College of Georgia (Colexio Médico de Xeorxia) da Universidade de Augusta (Estados Unidos) onde comezou a súa experiencia investigadora no departamento de Enxeñaría biomédica. Traballou nun centro de investigación de sistemas intelixentes aplicados a contornos clínicos. Alonso Betanzos continuou coa monitorización antenatal, ampliou o seu traballo ao campo das unidades de coidados intensivos e mantivo contacto con persoal médico de numerosas ramas como atención en UCI e pediatría.[4][5][6]

Posteriormente pasou a centrarse moito máis nas disciplinas propiamente informáticas, e achegouse a outros campos de aplicación. En enxeñaría traballou no mantemento intelixente dos aeroxeradores que evita ter que contar con profesionais que suban a eles cada certo tempo para revisar que as pezas estean ben. Así mesmo, traballou en mantemento de pezas en barcos e automóbiles.[4]

No campo das ciencias sociais desenvolveu proxectos interdisciplinares de estudo para simular o efecto de distintas políticas medioambientais, para a conservación do medio ambiente, para migrar a un mundo máis verde, que ten que ver coa informática. Interesoulle porque a priori queda distante do mundo da informática pero á final resultan moi vinculados.[4]

Actividade profesional

[editar | editar a fonte]
Amparo Alonso durante o encontro Big Data Coruña 2017

É catedrática da Universidade da Coruña no departamento de Ciencias da computación. Desenvolve a súa carreira investigadora neste departamento de 1991 a 2011,[6] como continuación á súa experiencia investigadora desde 1988 no Colexio Médico de Xeorxia (Estados Unidos) e desde 1989 no departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Nos tres casos, aínda continúa a súa carreira investigadora.[6]

Ocupou diversos cargos na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi vicedecana de 1999 a 2005, directora de computación de 2007 a 2009 e coordinadora do máster de Bioinformática para Ciencias da saúde 2016/2017. Ademais é vogal da Comisión Académica do Programa Oficial de Doutoramento en Computación desde 2013.[7]

Destacan os seus proxectos de investigación "Scalable machine learning algorithms: Beyond classification and regression" e "LOCAW (Low-Carbon at Work: Modelling agents and organisations to achieve transition to a low-carbon Europe".[6] Conta con 10 publicacións ns anos 90, 43 nos anos 2000, 72 entre 2010 e 2017 (maio).[8] Dentro da disciplina da intelixencia artificial, difunde tres grandes bloques temáticos: os aspectos básicos da Intelixencia artificial, os esquemas e modelos de razoamento e a enxeñaría do coñecemento.

Compromiso

[editar | editar a fonte]

Na actualidade e dende 2013 é a Presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA), ademais de profesora da UDC e coordinadora do grupo de investigación LIDIA.[2][4][9]

Dita relatorios, asiste a eventos e promove as carreiras tecnolóxicas e científicas entre as nenas. En 2014 protagonizou un audiovisual curto para animar ás mozas a considerar as TIC no seu futuro de estudos e laboral, e conta como comezou a traballar neste campo.[4][9] Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[10]

Na súa faceta divulgadora, durante a súa conferencia en Big Data Spain, edición de 2015, explicou que

"a pesar dos grandes avances desta tecnoloxía, non debemos temer á intelixencia artificial, que sinxelamente busca reproducir comportamentos intelixentes nas máquinas e que permitan obter un beneficio, ou axudarnos ás persoas a tomar decisións usando volumes de datos que doutro modo non poderiamos manexar".

É defensora e divulgadora de Big Data.[11]

Destacan, entre as súas moi numerosas publicacións, capítulos de libros, artigos e relatorios, e libros de divulgación en castelán e galego:[12]

Principais libros publicados

[editar | editar a fonte]
  • Amparo Alonso Betanzos et al. (2004): Ingeniería del conocimiento. Aspectos metodológicos. Madrid: Prentice Hall/Pearson/Alhambra. ISBN 978-84-2054-192-1.
  • Vicente Moret Bonillo e Amparo Alonso Betanzos (2005): Fundamentos de inteligencia artificial. 2ª edición. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9532-256-2.
  • Vicente Moret Bonillo, Amparo Alonso Betanzos, Mariano Cabrero Canosa, Bertha Guijarro Berdiñas e Eduardo Mosqueira Rey (2009): Fundamentos de Intelixencia Artificial. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-315-4.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 28 de decembro de 2020 recibe o Premio María Josefa Wonenburger Planells.[13]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 VV. AA. (2002): Gallegos. Quién es quien wn la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S. A. ISBN 84-8064-113-4.
  2. 2,0 2,1 Junta Directiva Arquivado 08 de marzo de 2018 en Wayback Machine., en aepia.org
  3. Amparo Alonso Betanzos en Facebook.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 elearningcesga (3 de abril de 2014). "ICT-Go-Girls! Amparo Alonso Betanzos, presidenta Asoc. Española para la Inteligencia Artificial". Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "Directorio de Ciencia y Tecnología" (PDF). Directorio del Instituto de la Mujer España. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Amparo Alonso-Betanzos (University of A Coruña, A Coruña) on ResearchGate - Expertise: Computer Science". www.researchgate.net (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  7. "Ficha de María Amparo Alonso Betanzos". pdi.udc.es. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  8. "dblp: Amparo Alonso-Betanzos". dblp.uni-trier.de (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Amparo Alonso Betanzos | Fundación Inade". fundacioninade.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  10. Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21. 
  11. "Amparo Alonso, investigadora de IA: "no hay que temer a la inteligencia artificial" - GlobbIT". GlobbIT (en castelán). 20 de outubro de 2015. Consultado o 6 de marzo de 20178. 
  12. "Publications of Amparo Alonso-Betanzos". lidiagroup.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  13. Galicia, Xunta de (2020-12-28). "A Xunta aposta por fomentar as vocacións científicas entre as nenas e mozas para rachar coa fenda de xénero neste ámbito". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2020. Consultado o 2020-12-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]