Amparo Arango Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 (116/117 anos) A Habana, Cuba |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | química, farmacéutica |
Amparo Arango Fernández, nada na Habana o 2 de abril de 1907,[1] foi unha química e farmacéutica galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos superiores de Química e Farmacia na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1926 e 1931. Foi discípula de Isidro Parga Pondal, xunto a Encarnación Fraga Padín e Dolores Lorenzo Salgado.[2]
Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929, co traballo Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia III: Análisis de las wolframitas de Juno, Monte Neme, Casayo, A Veiga y Vilacoba, que se publicou nos Anales de la Sociedad Española de Física e Química.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela
- Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 216–17. ISBN 978-84-8487-466-9.