Análise toxicolóxica
Denomínase análise toxicolóxica o conxunto de procesos analíticos que teñen por obxecto o illamento, a identificación e a determinación cuantitativa dos tóxicos, tanto nun ser vivo coma nun cadáver, coa finalidade de permitir o diagnóstico da intoxicación e o esclarecemento dos feitos.[1]
Obxectivos da análise toxicolóxica
[editar | editar a fonte]A análise ten unha dobre finalidade:[2]
- Identificación do tóxico do que se sospeita (análise cualitativa)
- Determinación das concentracións do tóxico (análise cuantitativa)
A estes dous obxectivos principais pódense engadir outros dous derivados da necesidade de resolver novas problemáticas:
- Detección e cuantificación de xenobióticos que se encontran en concentracións moi baixas: microgramos ou nanogramos.
- Caracterización das formas químicas baixo as que se encontra a estrutura do xenobiótico [3]
Etapas da análise toxicolóxica
[editar | editar a fonte]Nunha análise toxicolóxica pódense difrenciar tres etapas ou fases, que son as seguintes:
Fase preanalítica
[editar | editar a fonte]Inclúe a recepción e o rexistro da mostra, así como a súa documentación e o estudo da información dispoñible sobre a presunta intoxicación incluíndo os antecedentes e datos clínicos subministrados polo médico.[2][4]
Mostras
[editar | editar a fonte]O éxito da análise toxicolóxica encóntrase estreitamente ligado á calidade, á cantidade e ó grao de conservación das mostras que se remitan.[1]
É unha das mostras máis útiles para a identificación de tóxicos e especialmente para a análise cuantitativa. Dado que os tóxicos son distribuídos polo sangue a tódolos tecidos, a concentración sanguínea a miúdo é un indicador da impregnación tisular e do grado de afectación clínica. O sangue total ou plasma son as mostras máis representativas. O máis recomendable é o envío do sangue total con adición dun anticoagulante: FNa (5 mg/ml) que ó secuestrar o calcio impide a coagulación, e ó ser inhibidor enzimático, evita a fermentación e a putrefacción.[1]
É unha mostra idónea para realizar ensaios preliminares para a identificación de tóxicos. As maiores vantaxes son que a concentración dun tóxico pode chegar a ser cen veces maior que no sangue e as interferencias son mínimas. Como desvantaxe, moitos tóxicos elimínanse na súa totalidade como metabolitos que ás veces son común a varios tóxicos. É aconsellable non engadir conservantes que interfiran, e debe conservarse en frío ata a súa análise.[1][2]
Contido gástrico
[editar | editar a fonte]O aspirado gástrico, líquido do lavado gástrico ou ben o vómito tamén son adecuados para a dentificación de tóxicos, xa que a maioría das intoxicacións son por vía oral. Nesta mostra encontrarase o tóxico en cuestión sen metabolizar, pero os resultados non son representativos da intoxicación porque se refiren a tóxico non absorbido.[2]
A análise do pelo con fins toxicolóxicos tivo unha grande difusión nos últimos anos, sendo o diagnóstico do consumo de drogas de abuso a súa principal aplicación. A mostra debe obterse da zona occipital, cortándoa cunhas tesoiras cerca da pel, e débese sinalar cal é o extremo máis próximo á raíz e cal o máis afastado. O total do guecho pode ser dividido en porcións dun a tres centímetros de lonxitude para a súa análise[2] o que proporciona unha perspectiva histórica do consumo.[1]
Para escoller a mostra máis axeitada en cada caso concreto débense ter en conta o tóxico a analizar e o método que se vaia empregar. No caso de mostras de interese xudicial hai que seguir as normas que establece a lexislación,[3] e débense acompañar dun documento anexo que acredite a observación en todo momento da cadea de custodia dende a toma de mostra ata a súa recepción no laboratorio.[4] A cadea de custodia engloba un conxunto de normas de actuación que garanten a identidade e non manipulación dunha mostra ou proba e, consecuentemente dos resultados analíticos obtidos a partir dela.[2]
Fase analítica
[editar | editar a fonte]Unha vez que a mostra chega ó laboratorio comeza a investigación toxicolóxica como tal. Cando se solicita unha análise toxicolóxica poden darse dúas situacións: que se sospeite a natureza do tóxico (procederase a realizar un exame orientado a identificación dese tóxico empregando métodos específicos) ou que este sexa descoñecido e incluso que non se saiba se existe ou non algún tóxico na mostra (realizarase un exame sistemático, seguindo unha metodoloxía completa) [1]
Separación ou extracción do tóxico da mostra
[editar | editar a fonte]Antes de comezar coa análise propiamente dita hai que illar o tóxico da matriz orgánica que o contén xa que as técnicas analíticas empregadas así o requiren para unha correcta detección e cuantificación. A extracción ten dúas finalidades: illar e purificar o tóxico e concentralo no extracto obtido para facilitar a súa detección.[1]
A natureza fisicoquímica das substancias establece claras diferenzas de comportamento nesta etapa [2]. Así, en función dos procesos usados no illamento clasifícanse en:
- Tóxicos volátiles: sepáranse por destilación, con ou sen arrastre por aire, vapor de auga ou nitróxeno, por microdifusión ou por “espazo de cabeza”.[1][2]
- Tóxicos inorgánicos: a extracción é por mineralización por vía seca ou húmida, e no caso dalgúns metais pódese facer formando un complexo que despois se separa cun disolvente orgánico.[1]
- Tóxicos orgánicos: extráense con disolventes orgánicos polares ou apolares.[1]
Os extractos obtidos polos métodos clásicos arrastran múltiples impurezas, polo que unha vez separado o extracto dos restos sólidos ou líquidos da mostra é preciso unha purificación.[1] Ademais no caso dos tóxicos orgánicos, esixe un fraccionamento do extracto -que se leva a cabo atendendo a se son ácidos, básicos ou neutros- antes de proceder á súa análise.
Detección e identificación do tóxico
[editar | editar a fonte]En xeral, precísanse métodos sensibles e que abrangan o maior número posible de tóxicos, coa finalidade de descartar a súa presenza ou detectar algún deles.[1] É moi importante dispoñer de métodos analíticos que permitan un manexo sinxelo das mostras e rapidez nos resultados, xa que moitas das intoxicacións do ámbito clínico son de tipo agudo e precisan dunha actuación rápida tanto para diagnóstico como para decidir a terapia axeitada.[3]
Cuantificación do tóxico
[editar | editar a fonte]A simple presenza dalgúna substancia química nunha mostra non necesariamente é indicativo de intoxicación. Así é frecuente que se atopen axentes que se usan con fins terapéuticos, dietéticos e outros. Atopar estes produtos non é suficiente para pensar directamente nunha intoxicación e moito menos cualificalos como causantes da morte, a súa presenza debe ser cuantificada antes de sacar conclusión deste tipo.[1] Para iso, unha vez que se identifica o tóxico, selecciónase a mostra máis axeitada para a cuantificación e faise unha nova extracción mediante un método específico para ese tóxico.
Técnicas analíticas empregadas
[editar | editar a fonte]Son múltiples as técnicas analíticas dispoñibles para identificar e cuantificar os tóxicos, e a súa elección depende, entre outros factores, do tipo de tóxico que se desexa analizar. En xeral as técnicas instrumentais baséanse no emprego de instrumentos, cunha complexidade variable, dotados da capacidade de poder medir as propiedades químicas ou físicas para identificar e cuantificar os compostos químicos.[1][5] As principais técnicas instrumentais son:
- Técnicas espectrofotométricas: baseánse na capacidade que teñen as moléculas e átomos de absorber radiacións de diferente lonxitude de onda, característica para cada substancia. A táboa que segue recolle as principais técnicas e as súas aplicacións [1]:
Técnica | Composto | Análise |
---|---|---|
UV-visible | orgánicos | cualitativa/cuantitativa |
fluorimetría | orgánicos | cualitativa/cuantitativa |
infravermello | orgánicos | cualitativa |
absorción atómica | metais | cualitativa/cuantitativa |
masas | orgánicos | cualitativo |
- Técnicas cromatográficas: considéranse un método físico de separación dunha mestura de solutos. Baséanse na diferente velocidade coa que se move cada un dos compoñentes a través dun medio poroso, arrastrados por un disolvente en movemento.[1][2] Inclúen:
- Técnicas inmunoquímicas: usan como principio analítico a reacción antíxeno-anticorpo, onde o antíxeno é o tóxico marcado. O ensaio consiste no desprazamento competitivo do tóxico marcado polo tóxico libre presente na mostra problema [1]. Dentro destas técnicas inclúense:
Interpretación dos resultados
[editar | editar a fonte]Este último paso da análise toxicolóxica non é sinxelo de levar a cabo, xa que na interpretación dos resultados cualitativos e cuantitativos deberanse ter en conta mais aspectos que as simples concentracións. Dentro deses aspectos destacan [2]:
- Características e circunstancias do suxeito e do produto.
- Implicacións toxicocinéticas: tempo transcorrido dende a absorción ata a toma da mostra.
- Medidas terapéuticas aplicadas.
- Cambios postmortem, con degradacion ou formación de tóxicos etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 Villanueva Cañadas, Enrique; Gilbert Calabuig, Juan Antonio. “Medicina legal y toxicología” Publicación: Barcelona; Masson,2005.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Manuel Repetto Jiménez, Guillermo Repetto Kuhn. “Toxicología Fundamental” Publicación: Madrid; Díaz de Santos, D.L, 2009
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Bello Gutiérrez José, López de Cerain Salsamendi. “Fundamentos de ciencia toxicológica” Ediciones: Díaz de Santos 2001.
- ↑ 4,0 4,1 Orden JUS/1291/2010, de 13 de mayo, por la que se aprueban las normas para la preparación y remisión de muestras objeto de análisis por el Instituto Nacional de Toxicología y Ciencias Forenses. BOE Núm. 122, miércoles 19 de mayo de 2010, Sec. I. Pág. 43459-98.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 18 de abril de 2016.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda)