Saltar ao contido

Aníbal Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aníbal Lamas Cid»)
Modelo:BiografíaAníbal Lamas
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor en Wikidata
Xunqueira de Ambía, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11175

Aníbal Lamas Cid, nado en Xunqueira de Ambía cara a 1893 e finado en Ourense o 5 de novembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comerciante de Xunqueira de Ambía establecido en Buenos Aires, retornou a Galicia en 1929.[1] Cando rematou a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Xunqueira de Ambía.[2] Na República, foi elixido concelleiro de Xunqueira de Ambía polo Partido Republicano Radical Socialista en 1931 e nomeado primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Clemente Cid Selas.[3] Mantiña un enfrontamento co concelleiro Santiago Camba, antigo upetista e membro da Unión Monárquica Nacional e despois dirixente do Partido Republicano Radical. Foi suspendido como concelleiro por gobernador civil en outubro de 1931.[4][5] Foi responsable local do PRRS.[6] Foi denunciado como cacique pola sociedade agraria La Aurora en decembro de 1932.[7] Foi declarado responsable de máis de 38.000 pesetas como membro das corporacións que actuaron entre o 26 de febreiro de 1930 e 31 de maio de 1933, resolución contra a que interpuxo recurso contencioso administrativo que nunca chegou a resolverse.[8] Despois integouse en Unión Republicana.[9] Foi proclamado candidato por Unión Republicana para as eleccións de febreiro de 1936.[10] Foi candidato por Unión Republicana a compromisario para a elección do presidente da República polas minorías en abril de 1931,[11] e resultou elixido.[12]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo no Goberno civil de Ourense dende o día 18 ás ordes do gobernador Gonzalo Martín March formando parte do Comité de Defensa da República. Foi detido o 23 de xullo e liberado a mediados de agosto por orde do comandante militar Luis Soto Rodríguez. Novamente detido e procesado o 28 de setembro, foi xulgado en Ourense en consello de guerra por traizón o 24 de outubro,[13] e condenado a pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón, de Ourense, o 5 de novembro de 1936.[14] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado á perda total dos seus bens en abril de 1941.[15]

Na literatura

[editar | editar a fonte]

Aníbal Lamas aparece no relato "O militante fantasía" incluído no libro Arraianos de Xosé Luís Méndez Ferrín (1991).

  1. El Pueblo Gallego, 20-6-1929, p. 13.
  2. La Región, 20-2-1931, p. 1.
  3. La Región, 14-6-1931, p. 3.
  4. La Zarpa, 18-10-1931, p. 12.
  5. Galicia, 10-11-1931, p. 8.
  6. El Pueblo Gallego, 17-6-1932, p. 10.
  7. Galicia, 15-12-1932,p. 1.
  8. El Pueblo Gallego, 28-7-1935, p. 15.
  9. El Pueblo Gallego, 28-11-1935, p. 11.
  10. El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 11.
  11. El Pueblo Gallego, 28-4-1936, p. 10.
  12. El Pueblo Gallego, 29-4-1936, p. 13.
  13. La Región, 25-10-1936, p. 3.
  14. La Región, 6-11-1936, p. 3.
  15. BOE, 22-4-1941, p. 1575.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
?
 
Alcalde de Xunqueira de Ambía
 
1930 - 1931
Sucesor:
Clemente Cid Selas