Anónimo de Rávena
![]() | Suxeriuse que "Cosmografía de Ravenna" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |

O Anónimo de Rávena ou a Cosmografía de Rávena (latín: Ravennatis Anonymi Cosmographia), coñecido tamén popularmente como Ravennate, é un texto-compilación toponímico mundial dun cosmógrafo cristián que viviu en Rávena (Italia), feito no século VII (aproximadamente contra o ano 670), manexando documentación de séculos anteriores (século III ou século IV), con moitas corrupcións e variantes introducidas despois polos sucesivos copistas medievais, no cal se describen itinerarios romanos.
Libros
[editar | editar a fonte]Trátase máis que dunha cosmographia, como o mesmo autor a chama, dun catálogo nominal de tipo cosmográfico que abrangue todo o mundo coñecido até aquela altura, da India a Irlanda. Posteriormente a obra foi dividida polos primeiros editores en cinco libros.
- I Libro: Conceptos xeográficos e descrición da terra onde explica que toda a súa extensión está rodeada por océano e é iluminada completa e simultaneamente polo sol, xa que a concibe coma unha superficie totalmente chá.
- II Libro: Descrición de Asia
- III Libro: Descrición de África
- IV Libro: Descrición de Europa
- V Libro: Descrición do Mediterráneo, cunha relación de illas nos distintos mares e no océano.
O Anónimo de Rávena constitúe unha valiosa fonte escrita a ter en conta para o estudo das vías romanas. Porén, non fornece as distancias entre unha mansión (lugar con pousada) e outra, limitándose soamente a consignar o nome destas e as liñas de ruta, listando arredor de 5300 referencias, entre elas uns 300 ríos; sendo o resto cidades. Só no libro quinto ofrece algúns datos de distancias e só algunhas das cidades se enumeran por provincias, aínda que dun xeito bastante desordenado e irregular. Engade ó Itinerario de Antonino novos nomes de cidades ou mansións nacidas posteriormente e seguramente tivo a mesma fonte de inspiración que a Tabula Peutingeriana, aínda que ás veces o Anónimo de Rávena inclúe datos máis completos cá Táboa.
Manuscritos
[editar | editar a fonte]Os textos que sobreviviron, tres copias manuscritas, feitas varias xeracións despois do manuscrito orixinal, ofrecen diversos desafíos. As copias están ateigadas de erros de ortografía, divisións de palabras e omisións; as variacións entre os textos non se limitan só ós topónimos, mais tamén son significativas nos comentarios.
- Codex Vaticanus Urbinas 961. Século XIII
- Codex Parisinus, bibliothecae imp. 4794. Século XIV
- Codex Basiliensis F.V. 6. Séculos XIV-XV
A edición crítica máis recente dos tres manuscritos foi a de Joseph Schnetz en 1942 (republicada en 1990).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schnetz, Joseph (1942) [1990]. Itineraria Romana. Volumen Alterum, Ravennatis Anonymi cosmographia et Guidonis geographica. Stuttgart: Teubner.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outras fontes antigas para o estudo das vías romanas
[editar | editar a fonte]Península ibérica
[editar | editar a fonte]- Itinerario de Antonino
- A Geographia de Ptolomeo
- Vasos de Vicarello
- Tabula Peutingeriana
- Itinerario de barro de Astorga
- Tegula de Valencia
- Guidonis Geographica
- Itinerarium maritimum
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guido Pisanus, Liber Guidonis compositus de variis historiis : studio ed edizione critica dei testi inediti, ed. e com. por Michele Campopiano, Florencia, 2008 (Edizione Nazionale dei Testi Mediolatini, 22) ISBN 978-88-8450-310-7.
- Louis Dillemann, La cosmographie du Ravennate, ed. e notas por Yves Janvier, Bruxelas, 1997 (Collection Latomus, 235) ISBN 2-87031-175-3 (relatorio ; resumo).
- Anonyme de Ravenne (Anonymus Ravennas) et Guido da Pisa (Guido Pisanus), Ravenmatis anonymi Cosmographia et Guidonis Geographica, ed. por Joseph Schnetz, Leipzig, 1940 (Itineraria Romana, 2) ; repr. Stuttgart, 1990 ISBN 3-519-04274-6 (relatorio).
- Id., Ravennatis anonymi Cosmographia et Guidonis Geographica, ed. por Gustav Parthey e Moritz Pinder, Berlín, 1860 ; repr. Aalen, 1962 (en liña transcrición, archive, Google).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ravennatis Anonymi Cosmographia: Spania (PDF v.6 - 4.4 MB) Arquivado 05 de maio de 2016 en Wayback Machine. Texto orixinal do Anónimo de Rávena para a banda da Península Ibérica
- The Roman Map of Britain Web que amosa a pescuda realizada por Thomas G. Ikins sobre a xeografía de Britannia a partir do Anónimo de Rávena