Saltar ao contido

An Daingean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAn Daingean
Dingle (en)
Daingean Uí Chúis (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 52°08′24″N 10°16′18″O / 52.139915, -10.27153
EstadoIrlanda
ProvinciasMunster
CondadosCondado de Kerry Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

An Daingean (en irlandés e oficialmente, e tamén en irlandés: Daingean Uí Chúis; adaptado ao inglés: Dingle) é unha localidade do Condado de Kerry, na costa atlántica de Irlanda, a uns 50 km ao suroeste de Tralee e uns 80 km ao noroeste de Killarney. A vila está situada nunha baía natural baixo a montaña Slievanea, na península de An Daingean, co río Shannon ao norte, e o Anel de Kerry ao sur.

As principais actividades da zona son o turismo, a pesca, a gandería e a agricultura. En 2006 An Daingean tiña unha poboación de 1.920 habitantes. An Daingean está situada nun Gaeltacht.

Durante moito tempo An Daingean foi unha vila remota, mais agora é un activo porto pesqueiro e un importante centro turístico.

Fungi, o golfiño de An Daingean

[editar | editar a fonte]

En 1984 un golfiño comezou a frecuentar a zona do porto de An Daingean, converténdose nunha atracción para os visitantes. Calcúlase que naceu contra mediados da década de 1970, cunha esperanza de vida de 25 anos para a súa especie. Ten adicada unha escultura en bronce en An Daingean.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

A igrexa neogótica de An Daingean, St. Mary, foi construída segundo o proxecto de J. J. McCarthy e O'Connell. A primeira pedra foi colocada en 1862.

Hai moitas posibilidades de escoitar música tradicional irlandesa na vila, especialmente no verán, na tempada de turismo. Tamén hai un acuario na vila e bo número de tendas de artesanía.

Poden tamén visitarse nos arredores os xacementos arqueolóxicos da península de An Daingean.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]