Saltar ao contido

Ana María Alvajar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna María Alvajar
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisCésar Alvajar Editar o valor en Wikidata  e Amparo López Jean Editar o valor en Wikidata
IrmánsAmparo Alvajar
María Teresa Alvajar
Javier Alvajar López Editar o valor en Wikidata

BNE: XX828655 BUSC: alvajar-ana-maria-1918-2005

Ana María Josefina Alvajar López, nada na Coruña en 1918 e finada en Madrid o 31 de decembro de 2005, foi unha escritora e violinista galega.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán, era irmá de María Teresa, Amparo e Javier Alvajar López.[2] Desde moi nova mostra inclinación pola música e pasou a formar parte da Orquestra Filharmónica,[2] constituída por afeccionados baixo a dirección de Alberto Garaizábal e máis tarde da Orquestra de Cámara da Sociedade Filharmónica desta mesma cidade. Durante a guerra civil, separada de seus pais, que estaban en territorio republicano, ten que facer fronte ás dificultades económicas nun primeiro momento e máis tarde en coidar pola integridade de seus irmáns. Así, tivo que agochar seu irmán Javier nunha aldea, quen desertara do exército nacional para pasarse ao bando republicano e non puido reunirse cos seus pais, exiliados en Francia, mentres non liberaron a súa irmá María Teresa, presa no cárcere da Coruña. Por fin, puido xuntarse cos seus pais en 1940 na localidade francesa de Vimoutiers. Tras dous anos en Francia, volveu a Coruña en 1942, cidade na que se radicou até 1948, cando se trasladou a Madrid. No 2003 recibiu o Premio a la Lealtad Republicana da Asociación Manuel Azaña.

  • Vivencias (1986)
  • Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega (2003)
  • Soltanto lastre (2005). Ediciós do Castro

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Vicente Pérez García e foi nai de Javier, José Antonio, Ana María e Juan Luis Pérez Alvajar.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-1-2006, p. 42.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ana María Josefina Alvajar López - A Coruña das Mulleres". https://acorunhadasmulleres.gal/. Consultado o 2024-11-24.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]