María Teresa Alvajar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 A Coruña, España |
Morte | 9 de xaneiro de 2016 (93/94 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | política, escritora |
Familia | |
Pais | César Alvajar e Amparo López Jean |
Irmáns | Amparo Alvajar Ana María Alvajar L. Jean Javier Alvajar López |
Premios | |
|
María Teresa Alvajar López, nada na Coruña en 1922 e finada en Madrid o 9 de xaneiro de 2016,[1] foi unha política e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán, era irmá de Ana María Alvajar, Amparo Alvajar e Javier Alvajar López. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encarcerada con 17 anos na prisión da Coruña acusada de dirixir checas e o Servizo de Investigación Militar republicano. No cárcere coincidiu con Esther Casares, filla de Santiago Casares Quiroga. Exiliouse en Francia cos seus pais. Deixou testemuño da súa traxedia persoal e familiar no libro Memorias dunha republicana (Laiovento) editado por Aurora Marco.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]En 2008 recibiu o Premio Galiza Mártir e en 2009 foi nomeada Republicana do ano pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ I. B. (20 de xaneiro de 2016). "Muere María Teresa Alvajar, la última de una histórica saga republicana coruñesa". La Opinión A Coruña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 354. ISBN 978-84-8341-146-9.